CCOO TACHA DE ‘TOMADURA DE PELO’ O QUE A XUNTA
ESTÁ A FACER CON MEISA
Tal e como se
compromotera á Xunta cos delegados de persoal e CCOO na xuntanza do día 10 de
xaneiro, hoxe pola mañá reuníose o Consello de Administración de Meisa. As 5 da
tarde fomos convocados para darnos información sobre o Plan de Viabilidade. A
dita xuntanza non acudío a Sr. Carmen Pardo, tal e como se lle solicitara na
xuntanza do día 10, senon únicamente o Xerente.
En dita xuntanza o único
que se nos presentou foi un plan de viabilidade que xa se coñecía a través da
prensa, pero que non é O PLAN DE VIABILIDADE, xa que aínda se vai a contratar a
outra empresa para que ó estude, co cual niste momento NON EXISTE NINGÚN PLAN
DE VIABILIDADE PARA MEISA. Non queda en ningún momento claro a quen se vai
contratar, canto tempo vai tardar nin si realmente vai ser iste plan o que se
elixa, nin por suporto a data de comezo de aplicación dalgún Plan. Tampouco hai
datas para próximas reunións cos traballadores co fin de manternos informados. Todo é unha
inconcreción que axuda a que pase o tempo e o que o crédito concedido para
cubrir as nóminas dos traballadores se vaia consumindo, sin conquerir ningunha
saída viable.
Dende CCOO temos que dicir que a Xunta
non actúa según o que dí. Non existe ningún tipo de interés na viabilidade de
Manzaneda, especialmente por parte da Sr. Carmen Pardo non acudindo e
despreciando á xuntanza co representantes dos traballadores, Unha vez máis
quedou patente a falla de compromiso político,a deixadez e o desprecio hacia
unha empresa motor da comarca e da provincia de Ourense. O compromiso de diálogo adquirido na
xuntanza do 10 de xaneiro, non se chega a materializar por parte da Xunta.
O próximo día 31 de
xaneiro as 18 horas, celebraráse unha asamblea de traballadores na que se
decidirá si se retoman as movilizacións acordadas e desconvocadas no seu
momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario