Fecoht Informa

Fecoht Informa

11 enero 2012

DESCONVOCADA LA HUELGA EN MANZANEDA


CCOO, a instancias da asemblea xeral de traballadores e traballadoras de MEISA, celebrada hoxe, decidiu aprazar temporalmente o calendario de mobilizacións en defensa da estación invernal de Manzaneda, tras analizar os compromisos adquiridos pola Xunta de Galicia na xuntanza mantida onte en Santiago.

CCOO, consciente de que a viabilidade de MEISA segue a estar en entredito, e como medida de responsabilidade, decidiu suspender o calendario de mobilización que escomenzaba mañá, día 12 de xaneiro, cunha xornada de folga, en espera do novo Consello de Administración de MEISA e a vindeira xuntanza coa Xunta de Galicia para concretar o plan de viabilidade.



CCOO e os traballadores e traballadoras de MEISA valoran positivamente, pero con reservas, a postura da Xunta con respecto a empresa, pero advirten que estarán vixiantes e esixirán que este compromiso se plasme nun plan de viabilidade concreto que asegure o futuro da estación de montaña a longo prazo, e que non se limiten a ir pondo parches que arranxen os problemas no curto prazo. 

CCOO considera que estase perdendo un tempo excesivo na posta en marcha de medidas concretas, coma a aprobación definitiva dun plan integral de dinamización e viabilidade. 

CCOO segue e seguirá esixindo a todos os responsables de MEISA e en especial á Xunta de Galicia que poñan os medios necesarios para siga sendo unha clave no desenvolvemento económico e afianzamento da poboación nunha das zonas mais castigadas en canto a despoboamento e emigración de Europa, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística.

CCOO advirte, para rematar, que de non cumprirse nun tempo razoable o comprometido pola Xunta de Galicia, retomará o calendario de mobilizacións que a asemblea xeral de traballadores e traballadoras ven de aprazar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario