O 2011 foi un ano nefasto para o emprego en Galicia: remata cun crecemento anual do desemprego do 8,82%, e con 258.234 persoas paradas, o máximo número endexamais rexistrado no noso país
03-01-2012.- Para CCOO, o principal problema de Galicia son as 258.234 persoas en paro, problema que non se vai resolver se seguen as políticas de axuste que contraen o crecemento da actividade e, polo tanto, do emprego.
Durante o mes de decembro, o desemprego medrou en Galicia en 4.818 persoas, un 1,90% (é a segunda maior suba total de España e a cuarta en termos porcentuais); isto supón un total de 258.234 persoas desempregadas, a maior cifra de paro da historia de Galicia. A suba é 1,86 puntos superior á do conxunto do Estado, que tivo un incremento de tan só o 0,04%. O 51,29% das persoas desempregadas son mulleres (132.459 por 125.775 homes), os mozos e mozas menores de 25 anos en paro son 21.450 (o 8,31% do total, 0,228 puntos menos ca no mes anterior). En comparación con novembro, o paro descendeu nun 0,24% nas mulleres, e medra nos homes, un 4,26%. Nas persoas menores de 25 anos, baixa o desemprego un 1,46%: nas mozas caeu o 3,43%, e nos mozos o aumento foi do 0,13%. Nos maiores de 24 anos, o incremento do paro foi do 4,71% nos homes e do 0,01%, nas mulleres, o que representa unha medra do 2,22% neste grupo.
Análise por sectores e interanual
O paro aumentou en novembro en case todos os sectores, só descende un 1,76% (492 menos) no colectivo sen emprego anterior. A maior suba, tanto absoluta coma relativa, foi a da construción (2.964 persoas paradas máis, un 7,08%). En España, o desemprego descendeu na agricultura, os servizos e no colectivo sen emprego anterior. Comparando con decembro de 2010, o resultado é un incremento do desemprego en case todos os sectores (só descende un 3,14%, 893 menos no colectivo sen emprego anterior), sobre todo medra nos servizos en termos absolutos (11.399 persoas) e, en relativos, na construción (16,29%).
Respecto ao mes decembro de 2010, o paro aumentou en Galicia en 20.921 persoas, un 8,82% (o décimo maior incremento de España). Esta porcentaxe supera a media estatal en 0,96 puntos. Por sexos, hai 14.534 homes máis en paro e 6.387 mulleres máis, aumentos do 13,07% e o 5,07% respectivamente. Entre as mozas e mozos menores de 25 anos incrementouse o desemprego un 0,14% con respecto ao ano pasado. E nos maiores de 24 anos o aumento foi dun 9,68% (influído sobre todo polo crecemento do 14,51% que se deu na poboación masculina).
Análise da contratación
En decembro asináronse en Galicia 47.658 contratos (2.742 menos ca no mes pasado), o que supón unha caída do 5,44% con respecto a novembro. Do total de contratos asinados, o 6,07% (2.895) foron indefinidos, 1,23 puntos menos que en novembro. No conxunto de España este tipo de contratación supuxo o 5,64% da contratación total, 0,43 puntos menos que en Galicia. Formalizáronse, ademais, 44.763 contratos temporais. A contratación indefinida descende un 21,35% e a temporal un 4,19%. As mulleres asinaron o 51,43% do total de contratos e o 45,49% dos indefinidos, e as mozas e mozos asinaron o 18,17% do total e o 13,58% dos indefinidos.
En termos interanuais, formalizáronse 2.973 contratos menos que un ano antes, un descenso do 5,87%. A contratación indefinida sofre unha caída do 36,97% (1.698 contratos menos) e a temporal do 2,77% (1.275 menos). Estes datos son algo diferentes aos do Estado, onde caeu a contratación indefinida un 29,51% pero medrou a temporal o 0,29%.
Afiliación á Seguridade Social
A afiliación media á Seguridade Social baixou en Galicia neste mes de novembro en 7.450 persoas (un 0,76%); queda así o total de cotizantes en 966.895. En España caeu a afiliación un 0,11%. Por réximes, diminuíu o número de cotizantes en todos eles; no xeral (6.295 menos, un 0,89%), un 0,24% nos autónomos, no especial agrario caeu un 0,77%, un 1,85% no especial do mar, e un 28,57% (2 menos) no da minería e o carbón, no de empregadas do fogar o descenso é do 0,76%. En termos interanuais, rexistráronse 30.879 persoas afiliadas menos (o 3,09%), unha caída superior en 1,07 puntos á do conxunto do Estado, que foi do 2,07%. No réxime especial agrario produciuse un incremento da afiliación galega do 4,0% (183 afiliados e afiliadas máis que no mesmo mes do ano anterior), descendendo a afiliación nos demais réximes.
Valoración de CC OO
Os datos do paro rexistrado e da afiliación á Seguridade Social publicados hoxe evidencian que as duras políticas de axuste económico aplicadas, tanto polo Goberno Central como polo galego, están tendo o resultado contrario ao que se pretendía. Se a actividade económica non se recupera, o que non pasará sen cambios na política económica, fiscal e financeira, non haberá creación de emprego.
Neste grave contexto social, CC OO demanda dos gobernos central e autonómico a aplicación doutras políticas que poñan no seu centro a protección ás persoas, e o emprego como principal problema da sociedade que permita a saída da crise en mellores condicións e sen redución de dereitos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario