Fecoht Informa

Fecoht Informa

20 mayo 2014

Reducción de Xornada, Preguntas e Respostas

Artigos 37.5 e 37.6 e disposicións adicionais 17.ª e 18.ª do Estatuto dos Traballadores
Artigos 180 e 211.5 do Real decreto lexislativo 1/1994 do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social Real decreto lei 16/2013 do 20 de decembro
Artigo 37.5 do ET. Descanso semanal, festas e permisos (modificado pola Lei orgánica
3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes)
«5. Quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún menor de doce anos ou unha persoa con discapacidade física, psíquica ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un oitavo e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e que non desempeñe actividade retribuída.

O proxenitor, adoptante ou acolledor de carácter preadoptivo ou permanente, terá dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario de, polo menos, a metade da duración daquela, para o coidado, durante a hospitalización e tratamento continuado, do menor ao seu cargo afectado por cancro (tumores malignos, melanomas e carcinomas), ou por calquera outra enfermidade grave, que implique un ingreso hospitalario de longa duración e requira a necesidade do seu coidado directo, continuo e permanente, acreditado polo informe do Servizo Público de Saúde ou órgano administrativo sanitario da comunidade autónoma correspondente e, como máximo, ata que o menor cumpra os 18 anos. Por convenio colectivo, poderanse establecer as condicións e supostos en que esta redución de xornada poderá acumularse en xornadas completas.

As reducións de xornada recollida no presente apartado constitúen un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento
da empresa.»
PREGUNTAS HABITUAIS:
En que consiste o permiso de redución de xornada por coidado de menores e
familiares?
Segundo o ET (art. 37.5), os traballadores e as traballadoras teñen dereito a reducir a xornada para coidaren de menores de ata 12 anos. Este límite legal pódese mellorar por convenio; antes eran 8 anos, pero foi modificado polo Real decreto lei 16/2013, do 20 de decembro, vixente a partir do 22-12-2013. Tamén se pode exercer este dereito para coidar de maiores desa idade ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, con algunha discapacidade ou que, por enfermidade ou accidente, non se vallan en por si e que non realicen traballo remunerado.

Esta redución de xornada, coa correspondente redución proporcional do salario, pode ser de entre a metade e un oitavo da súa duración. É un dereito individual dos traballadores e as traballadoras. Pero se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, a empresa poderá limitar
o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Canto dura o permiso de redución de xornada por coidado de fillos/as ou familiares?

A redución de xornada por coidado de fillos/as dura como máximo ata que o ou a menor cumpra 12 anos, a menos que o convenio colectivo mellore este punto.

Hai algún prazo para solicitar o permiso? 

Se optas por reducir a xornada, deberás avisar á empresa —salvo forza maior—, preferentemente por escrito, polo menos quince días antes de iniciares a redución, especificando a data en que a inicias, a menos que por convenio colectivo haxa establecido un prazo distinto. Do mesmo modo, deberás avisar a empresa con quince días de antelación á data de incorporación á xornada completa.
Se solicito unha redución de xornada por coidado de familiares e/ou menores, pódenme despedir?
Ao solicitares unha redución de xornada, o ET ofrece unha maior protección fronte a un posible despedimento, de modo que se este se produce sen unha causa real xustificada, se é improcedente, o despedimento pode declararse nulo e a empresa estará obrigada a readmitirte. Por esta razón, é conveniente que busques axuda legal pois tes un prazo de vinte días para reclamar en caso de despedimento por esta causa.

Podo pedir unha redución de xornada e un permiso de lactación que coincidan no tempo?

Son permisos independentes e compatibles, así que podes exercelos simultaneamente.

Se pido unha redución de xornada por coidado de familiares e/ou menores, podo
elixir o meu horario de traballo?

Segundo o Estatuto dos Traballadores (art. 37.5), a concreción horaria (elección do  horario laboral), a determinación do período de gozo do permiso de lactación e da redución de xornada, correspóndenlle ao traballador ou á traballadora, dentro da súa xornada ordinaria. Debes avisar a empresa con quince días de antelación á data en que te reincorporarás á túa xornada ordinaria.
Que sucede se a empresa me denega a solicitude de redución ou a concreción horaria? 

Se a empresa che denegase a túa elección de horario ou a propia redución de xornada, podes reclamala a través do Xulgado social. A Lei de procedemento laboral establece un procedemento específico para estas reclamacións: podes instar un procedemento xudicial urxente no prazo de vinte días desde que a empresa comunica
a negativa ou a desconformidade.

Canto tempo podo reducir a xornada para o coidado de fillos ou familiares? Como afectará esa redución ao meu salario?

A lei establece que a redución de xornada para o coidado de menores ou familiares debe ser de, como mínimo, un oitavo e, como máximo, a metade da xornada. O salario reducirase de forma proporcional á redución de xornada, e repercutirá tanto no salario base como nos complementos salariais que figuren na nómina e polos que se cotice á Seguridade Social.

Como me afectaría a redución de xornada por coidado de fillos ou familiares nas miñas futuras prestacións da Seguridade Social?

Ao se reducir o salario, redúcese, loxicamente, a túa base de cotización. Porén, durante os dous primeiros anos de redución de xornada por coidado de menor, aínda que a empresa cotizase por ti proporcionalmente a túa redución de xornada, as cotizacións compútanse incrementadas ata o 100 por 100 da contía que correspondería
se se mantivese a xornada de traballo sen redución, para os efectos das prestacións da Seguridade Social por xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia, maternidade e paternidade. No caso de redución por coidado de familiares ou persoas con discapacidade, compútase ese incremento só durante o primeiro ano da redución.

Se me despedisen mentres teño redución de xornada por coidado de fillos ou familiares, a indemnización por despedimento calcúlase sobre o salario reducido ou sobre o que cobraba antes da redución?

No caso dunha redución de xornada, o cálculo da indemnización será o que che correspondería sen redución da xornada, sempre que non transcorrese o prazo máximo legalmente establecido para a dita redución.
Como se vería afectada a miña prestación por desemprego se me despedisen mentres traballo con redución de xornada por coidado de fillos?

Non lle afectaría, pois para calcular a base reguladora da prestación por desemprego, as bases de cotización compútanse incrementadas ata o 100 por 100 da contía que correspondería de se manter sen redución a xornada de traballo. É dicir, aínda que mentres teñas redución de xornada, a empresa cotiza en función das horas de redución, para os efectos de prestacións como a de desemprego, xubilación, etc., calcúlase coas as bases incrementadas ao 100 %, coma se non traballases con redución de xornada.
Se estou utilizando unha redución de xornada por coidado de familiares, como me afecta esta redución en futuras prestacións da Seguridade Social?

Durante o primeiro ano de redución de xornada por coidado de familiares, as cotizacións compútanse incrementadas ata o 100 por 100 da contía que correspondería sen esa redución a xornada de traballo; é dicir, calcularáseche coma se traballases a xornada completa para os efectos das bases de cotización para as prestacións da Seguridade Social por xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia, maternidade e paternidade.

É certo que hai un permiso para o coidado de menores afectados por cancro ou enfermidades graves? En que consiste?

O permiso consiste nunha redución de, polo menos, a metade da duración da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, para coidar, durante a hospitalización e tratamento continuado, do menor ao teu cargo afectado por cancro (tumores malignos, melanomas e carcinomas) ou por calquera outra enfermidade grave que implique un ingreso hospitalario de longa duración e requira o seu coidado directo, continuo e permanente, acreditado polo informe do Servizo Público de Saúde ou órgano administrativo sanitario da comunidade autónoma correspondente e, como máximo, ata que o menor cumpra os 18 anos.
Considéranse enfermidades graves as incluídas na listaxe do anexo do RD 1148/2011, do 29 de xullo, BOE do 30 de xullo de 2011.

Quen pode acollerse a este permiso e en que condicións?

Poden collelo mulleres e homes que teñan a condición de pais ou nais, biolóxicos, adoptivos ou acolledores con carácter preadoptivo ou permanente. Recoñéceselle a un dos proxenitores. Antes de solicitaren o permiso, ambas as persoas deben estar traballando e afiliadas á Seguridade Social, ou só unha delas se a outra se está incorporada obrigatoriamente nunha mutualidade de previsión social por razón da súa actividade profesional.
Só poderá ser recoñecido a favor dun membro da parella, pai ou nai, adoptante ou acolledora.
Poderán alternarse na percepción do subsidio por períodos non inferiores a un mes, mediante acordo entre ambas as persoas proxenitoras, adoptantes ou acolledoras e a empresa ou empresas respectivas. Neste caso, a percepción do subsidio quedará en suspenso cando se lle recoñeza un novo subsidio á outra persoa.

Os requisitos poden mellorarse a través do convenio colectivo?

As condicións e supostos en que esta redución de xornada se poida acumular en xornadas completas poderanse establecer no convenio colectivo. A persoa deberá, salvo causa de forza maior, avisar a empresa cunha antelación de quince días, ou a que determine o convenio colectivo aplicable; ha precisar en que data iniciará e finalizará esta redución de xornada.

Cal é a duración do permiso?

Na redución de xornada para o coidado de menores con enfermidades graves, o período inicial será dun mes, prorrogable por períodos de dous meses cando persista a necesidade de coidado do menor, e como máximo ata os 18 anos. Esa necesidade deberá acreditarse mediante unha declaración do facultativo do servizo público de saúde ou do órgano da comunidade autónoma correspondente responsable da asistencia médica do menor.
Canto tempo podo reducir a xornada?

Para o coidado de menores con enfermidades graves, a redución pode ser, como mínimo, da metade da xornada, o 50 %. E recoñécese un subsidio en proporción á porcentaxe de redución da xornada. Esta prestación da Seguridade Social consiste en aboar o 100 % da base reguladora correspondente a incapacidade temporal derivada de continxencias profesionais, en proporción á redución da xornada de traballo.
Ao me acoller a esta redución de xornada, que sucede coa cotización e co desemprego?

As cotizacións compútanse na contía que correspondería sen redución de xornada, incrementadas ao 100 %, para os efectos de prestacións por xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia, maternidade e paternidade, risco durante o embarazo, risco durante a lactación e incapacidade temporal. Se tras a redución da xornada te acolleses a unha excedencia por coidados dun menor ou outros familiares, as cotizacións realizadas durante a redución computaranse incrementadas ao 100 % da cantidade que correspondería sen redución de xornada, para os efectos da consideración como cotizados os períodos de excedencia.
A prestación por desemprego calcúlase coas bases de cotización incrementadas ao 100 % ás que correspondería sen a redución da xornada, igual que as indemnizacións por despedimento.

Onde a solicito?

Tes que presentar un modelo de solicitude na entidade xestora ou na mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, así como a documentación necesaria para acreditar os datos da solicitude. O prazo para solicitares a prestación é a partir do mesmo día en que comezas a redución, sempre que a solicitude a formules no prazo de tres meses dende a data en que se produce a redución.
A mutua terá un prazo de trinta días para ditar a resolución expresa e notificala.

14 mayo 2014

Permiso Retribuido Elecciones Europeas 25 de Mayo

Permiso Retribuido para Acudir a Votar en las Elecciones Europeas del 25 de Mayo



  • Electores:
El horario de apertura de las mesas electorales es de 9 a 20 h. En función del horario y la jornada de cada trabajador y según la siguiente tabla le corresponden las siguientes horas de permiso retribuido:
1. Los trabajadores/as cuyo horario de trabajo no coincida con el de apertura de las mesas electorales, o lo haga por un período inferior a dos horas, no tendrán derecho a permiso retribuido.
2.- Los trabajadores/as cuyo horario de trabajo coincida en dos o más horas y menos de cuatro con el horario de apertura de las mesas electorales tendrán permiso retribuido de dos horas.
3.- Los trabajadores/as cuyo horario de trabajo coincida en cuatro o más horas y menos de seis con el horario de apertura de las mesas electorales tendrán un permiso retribuido de tres horas.
4.- Los trabajadores/as cuyo horario de trabajo coincida en seis o más horas con el horario de apertura de las mesas electorales tendrán un permiso retribuido de cuatro horas.
Para los trabajadores contratados a tiempo parcial, la duración de los permisos señalados anteriormente se reducirá en proporción a la relación entre la jornada de trabajo que desarrollen y la jornada habitual de los trabajadores contratados a tiempo completo en la misma empresa.
Corresponde a la empresa la distribución del periodo en que los trabajadores disponen del permiso para acudir a votar (es decir, la empresa decide si es al principio o al final de la jornada). Pedid el justificante en la mesa electoral como que habéis votado.
LA EMPRESA NO PUEDE OBLIGAROS A VOTAR FUERA DE VUESTRA JORNADA LABORAL.
  • Miembros de Mesa, Interventores y Apoderados:
En el caso de presidentes, vocales e interventores tendrán derecho a permiso retribuido durante toda la jornada laboral correspondiente al día de la votación, y de cinco horas en la jornada correspondiente al día inmediatamente posterior. Cuando se trate de apoderados, el permiso solo corresponderá a la jornada correspondiente al día de la votación.
Si alguno de los trabajadores comprendidos en este apartado tuviera que trabajar en el turno de noche la jornada inmediatamente anterior a la jornada electoral, la empresa, a petición del interesado, deberá cambiarle el turno a efectos de poder descansar la noche anterior al día de la votación.

Propuestas Sindicales en las Elecciones Europeas del 25 de Mayo




01 mayo 2014

1 de Mayo en Galicia,

Milleiros de persoas lembraron neste Primeiro de Maio que o emprego é o motor da recuperación económica
  • A última enquisa da poboación activa (EPA) sinala que Galicia ten case trescentas mil persoas desempregadas e unha taxa de paro do 23,2%
Milleiros de persoas participaron hoxe nas manifestacións convocadas por UGT e CCOO no Primeiro de Maio baixo o lema «Sen emprego de calidade non hai recuperación». A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Viveiro, Lugo, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo foron as localidades nas que os dous sindicatos convocaron marchas reivindicativas.

Os secretarios xerais de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, e de UGT, José Antonio Gómez, participaron na manifestación de Vigo. Ao remate da manifestación na cidade olívica lembraron que este Primeiro de Maio chegou marcado polas políticas de austeridade, que impoñen de forma autoritaria tanto os organismos europeos como os gobernos central e galego, e que só provocan paro, desigualdade, pobreza e recorte de dereitos sociais e laborais, amais da deterioración dos sistemas de protección social.

Para os dirixentes sindicais, o paro é o principal problema do país, polo que o emprego é a primeira necesidade. Precisamente, as reivindicacións do Día Internacional do Traballo producíronse só dous días depois da publicación da enquisa de poboación activa (EPA) do primeiro trimestre do ano, que cifra en 296.900 as persoas desempregadas en Galicia e sitúa a taxa de paro no 23,2%. Os datos do desemprego son un reflexo da deterioración das condicións de vida: xa son 101.500 os fogares con todos os activos en paro e 34.300 os fogares que carecen de ningún tipo de ingreso.

Gómez e Aguión lembraron que o desemprego e os recortes son un mal que afecta a toda Europa, pero de xeito especial aos países do sur do continente, como é o caso. Por esta razón tamén tiveron a ollada posta nas inminentes eleccións europeas, que terán lugar o día 25. Na cita electoral a cidadanía terá a oportunidade de escoller entre o actual modelo, de recortes e a precarización das condicións de vida e de traballo, ou aportar por alternativas que rematen coa austeridade, combatan a a competencia baseada nos baixos salarios, defendan os servizos públicos e recuperen a esencia da democracia.

Precisamente, outro modelo é o que propugna a Confederación Europea de Sindicatos (CES), da que forman parte CCOO e UGT, que presentou un plan que prevé proxectos en sectores clave como a enerxía, redes, infraestruturas de transporte e telecomunicacións, educación e formación, investigación, servizos públicos ou vivenda social, entre outros, o que posibilitaría crear once millóns de empregos na UE, poñer fin aos recortes de gasto, aumentar os salarios e reforzar as prestacións e redes de protección social.

UGT e CCOO consideran que este tipo de medidas deberían ser complementadas con acordos políticos e sociais. Dunha banda, un grande acordo para o emprego e a reactivación da actividade económica que integre as forzas políticas e os interlocutores sociais e procure o cambio de modelo produtivo así como o mantemento e afondamento nos servizos e prestacións do estado do benestar. Da outra, un acordo en defensa da democracia fronte a medidas de cariz autoritario, como a reforma do Código penal ou a lei de seguridade cidadá, que só pretenden coartar os dereitos de folga e de manifestación.