Fecoht Informa

Fecoht Informa

10 enero 2012

Primeira negociación coa Xunta sobre o futuro da estación de Manzaneda


Despois da xuntanza mantida hoxe na Consellería de Facenda coa Xunta de Galicia polo conflicto de MEISA, dende CC.OO. queremos facer as seguintes valoracións:

Valorar con moita cautela o positivo da xuntanza sobor de todo co que respecta a apertura dunha Mesa de diálogo cos representantes dos traballadores que levábamos demandando desde o inicio do conflicto.

Non podemos esquecer que foi o propio Presidente da Xunta no primeiro mitin da campaña electoral o que se comprometeu a falar con nós de Meisa. Aínda que nós esperábamos que esta xuntanza fora precisamente co Sr. Núñez Feijoo, o diálogo coas representates da Xunta, Dona Carmen Pardo (Presidenta do Consello de administración) e Dona Socorro Martín (Secretaria Xeral de Patrimonio e Facenda) foi fluído e sereno.

Ésta é a primeira xuntanza formal que teñen o delegado/a de Meisa pra tratar a situación da súa empresa, ata agora todo o soupemos a través dos medios de comunicación. En resumen, os compromisos acadados nesta xuntanza son: A continuidade do porcentaxe de accionariado da Xunta en Meisa así como a aposta clara do Governo da Xunta e do propio Presidente de apostar pola estación de montaña de Manzaneda.

A aprobación duinha medida excepcional no próximo Consello da Xunta do día 12 diste mes, dun crédito aproximado de 500.000 euros para a viabilidade da Empresa a corto prazo, co fin de gañar tempo na procura de conquerir máis accionistas e inversores. O compromiso de convocar na última semán de xaneiro ó Consello de Administración ó que se lle presentarán 5 plans de viabilidade que xa hai redactados.

O compromiso de chamar posteriormente á parte social para informar deses plans de viabilidade e recoller as aportacións que esta parte poidera facer. O día 11 haberá unha asamblea en Manzaneda con todos e todas as traballadoras para explicarlle o acaecido hoxe. Esta asamblea é a única lexitimizada para seguir coa folga convocada para o día 12, ben desconvocala ou aplazala, así como as accións ou movilizacións que consideren oportunas tomar. Estaremos moi pendientes e con moita cautela de como se vaian desenrolando os acontecementos, non renunciando dende logo a ningunha nova acción que os traballadores e traballadora de Meisa consideren oportuno de forma lexítima. INDUDABLEMENTE MANZANEDA TEN FUTURO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario