Fecoht Informa

Fecoht Informa

16 enero 2012

Falecemento de Manuel Fraga


A Federación de Comercio, Hosteleria e Turismo de Galicia, (FECOHT-GALICIA) lamenta o falecemento do ex-presidente da Xunta, Manuel Fraga 



O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CC OO)lamenta o falecemento do ex-presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne. 

 O secretario xeral do sindicato, Xosé Manuel Sánchez Aguión, remitiulle unha carta ao presidente da Xunta e do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, trasladándolle as condolencias de CC OO para que llas faga chegar á familia do político vilalbés.



«Manuel Fraga tivo o pasado que tivo, como é de dominio público», afirma Sánchez Aguión en referencia aos postos de relevancia que desempeñou Fraga durante o franquismo. Con todo, o secretario xeral de CC OO sinala a «dilatada» traxectoria política de Fraga, que o levou tamén a ter importantes responsabilidades no período democrático, salientando o seu papel como un dos 'pais' da Constitución española así como de Presidente da Xunta de Galicia durante algo máis de quince anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario