Fecoht Informa

Fecoht Informa

12 diciembre 2011

Elecciones en Pórtico S.A. Pontevedra


Eleccións Sindicais en Pórtico S.A. de Pontevedra.

No día de hoxe, 12 de decembro, celebráronse eleccións sindicais na empresa Pórtico S.A. na provincia de Pontevedra.

A pesar de non presentar candidatura no colexio de técnicos, o que supuxo que CC.OO. teñamos menos representantes neste Comité, obtivemos un bo resultado. Grazas ao bo traballo realizado polas persoas de CC.OO. durante estes catro anos superamos nun 8% a porcentaxe de votos obtidos no único colexio no que nos presentabamos, mentres que o outro sindicato que se presentaba reduciu a súa porcentaxe no 5%.

O resultado en número de representantes foi de 5 para CC.OO. e 3 para CIG, quedando as 5 persoas que correspondían por técnicos sen elixir por non se presentar ningunha candidatura.

Dende estas páxinas queremos agradecer aos traballadores e traballadoras de Pórtico S.A. a confianza depositada nas siglas e nas persoas de CC.OO., deixando claro que non lles defraudaremos e seguiremos loitando por mellorar día a día as súas condicións de traballo.

Published with Blogger-droid v1.7.2

No hay comentarios:

Publicar un comentario