Nota de prensa emitida por el sindicato CCOO de Ourense
CCOO DENUNCIA O INCUMPRIMENTO DOS COMPROMISOS E A DEIXADEZ DA XUNTA DE GALICIA EN MEISA
Os traballadores/as de Meisa en asamblea celebrada onte día 27
de decembro, deciden retomar as mobilizacións convocando unha folga para
o día 12 de xaneiro de 2.012.
Ante a incertidume da situación da estación Invernal de Manzaneda,
e ante os inclumplimentos reiterados dos compromisos de diálogo ,
exposición do Plan de Viabilidade, aportacións de liquidez e demáis
garantías que o propio Pdte. Nuñez Feijóo acadou o pasado 4 de Novembro
cos representantes dos traballadores/as e responsables provinciáis de
CC.OO., onte martes 27 de Decembro os traballadores/as de MEISA en
Asamblea deciden reanudar o calendario de movilizacións e convocar folga
para o vindeiro día 12 de Xaneiro.
Este mismo día martes 27 estábase a celebrar un Consello de
Administración do que non se coñeceron os resultados ata hoxe mércores a
través dos medios de comunicación como xa ven sendo habitual, si ben
por o propio desenrrolo dos acontecementos, a inoperatividade e deixadez
agora demostrada polos representantes políticos para con Manzaneda e a
sua bisbarra, facíanse de esperar.
- O Presidente Nuñez Feijóo non é quen de cumplir a sua
palabra, comprometida nos prolegómenos do mitin de O Barco que daba
comenzo a campaña electoral do PP en Ourense; as declaracións do famoso
millón de €uros ; o desenrrolo do Plan de Viabilidade; a aposta
inequívoca polo futuro de Manzaneda, parece que quedan agora en simples
arengas electorais, fallas de contido e de responsabilidade para unha
comarca das mais esquecidas en inversións de Galicia.
- As reiteradas alusións nos mensaxes do Presidente en prol da
discriminación positiva das provincias do interior, non concordan nin
son coherentes tampouco coa a actuación que está a ter a Xunta,
esquecéndose unha vez máis dunha comarca cerne do interior de Ourense na
que a Estación é un sustento vital.
- O único movementode de Nuñez Feijóo claramente disuasorio, e unha vez
mais para eludir responsabilidades, foi tratar de pasarlle o “morto” a
Diputación e os Concellos.
- A coraza do Presidente da eterna sorisa que o fixo pasar indemne do
desastroso espectáculo da fusión das Caixas galegas (con consecuencias
en MEISA),dos casos Arena e Igape ten agora unha proba de lume para
demostrar si a sua palabra ten algún valor tras os resultados do último
Consello de Admón, en Ourense, a sua terra.
- A presidenta do propio Consello e responsable de turismo da Xunta de
Galicia, Carmen Pardo,a que ningúen viu nunca por a Estación de Montaña
non pode fuxir das suas responsabilidades e dos compromisos acadados
polo seu propio goberno.
- Chámanos a atención como varían para a Xunta as prioridades sobre Meisa estando ou non en campaña electoral.
Para CC.OO. toda esta estratexia da confusión con bancos morosos,
plans descoñecidos, políticos que eluden a suas responsabilidades e
compromisos como quen respira, Directores de Consellos que descoñecen o
que están a gobernar ou desgobernar etc., vai ter resposta por parte
dos traballadores e traballadoreas con movilizacións en toda a comarca e
en Ourense. Ben seguro que contarán como ata o de agora co respaldo da
cidadanía e de representantes de outros estamentos da comarca e de toda
a provincia, nunha chamada a cordura, o compromiso con Ourense, non só
para recoller votos .
No hay comentarios:
Publicar un comentario