Fecoht Informa

Fecoht Informa

12 diciembre 2011

Concentración Supermercados DIA, S.A. Santiago de Compostela


DÍA S.A. ABUSA DA PRECARIEDADE E DO DESPIDO


Na xornada de hoxe celebrouse unha concentración diante dunha tenda de Supermercados Día da provincia de A Coruña,concretamente na tenda da Rúa Concheiros en Santiago de Compostela. O motivo desta concentración, tal e como informamos fai uns días, é a loita por defender os dereitos dos traballadores e traballadoras de esta cadea de supermercados que ten como práctica habitual a vulneración dos dereitos fundamentais dos traballadores.

Algunhas das prácticas habituais son as seguintes.
-          Aplicación dunha política de despidos non xustificados e indiscriminados.
-          Pouco persoal nas tendas, dándose algún caso de ter unha soa traballadora nalgunha tenda.
-          Non cobre as baixas e está deixando de pagar a nocturnidade.
-          Non respectan as reduccións de xornada, desplazando ás traballadoras a outras tendas e nalgúns caso non respectando a proporcionalidade dos tramos.
-          As caixeiras poñen dos seus cartos, cando teñen unha diferencia de caixa, e non cobran  quebranto de moeda.
-          Franquician tendas e non lles comunican, ao persoal das mesmas, cal será o seu futuro.

-    Nalgunhas tendas non se cumpren os horarios trimestrais 

O comité de empresa está formado por delegadas de CCOO, CIG, UGT e FETICO, pero so se concentraron os tres sindicatos de clase obreira, xa que  FETICO decidiu manterse ao marxe desta protesta. 

Patricia Mariño
FECOHT-SANTIAGO


No hay comentarios:

Publicar un comentario