PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS
MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2013
OBXECTO
Concesión da prestación familiar por fillo/a menor de tres
anos para o ano 2013.
LUGAR
E PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
¾ Cubrirase o formulario normalizado que aparece no anexo i desta orde ou na sede electrónica de
Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es, coa
documentación requirida no caso de ser a primeira solicitude. Se xa se ten
solicitado anteriormente, só se require a solicitude.
¾ O prazo remata o sábado, 11 de maio de 2013.
¾ As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía
electrónica, a través da ligazón indicada no punto anterior, ou en calquera
rexistro autorizado da Administración pública ou de Correos.
PERSOAS
BENEFICIARIAS
¾ Persoas con fillos/as menores de 3 anos o 1 de xaneiro de
2013 e que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar
estivesen obrigados a presentar a declaración polo irpf nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen ter
obriga de facéreno. No caso de fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o
31 de decembro de 2011 e o 31 de decembro de 2012, a prestación
concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou
administrativa que a declare.
¾ Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores,
a persoa beneficiaria será a que teña a custodia.
¾ Non serán beneficiarios/as os proxenitores de fillos/as cuxa
garda fose asumida por unha institución pública.
REQUISITOS
¾ Que os proxenitores teñan a residencia habitual en Galicia.
¾ Que na data da solicitude os nenos/as convivan coa persoa
solicitante.
TIPO
DE AXUDA
Pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, cunha
contía de 360 € por cada un.
https://www.xunta.es DOG publicado o 1-4-2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario