Galicia Sindical n.º 38 - 1.ª quincena de abril de 2013
- O tema destacado na portada son as mobilizacións do 1.º de Maio
Xa está en liña o n.º 38 da publicación Galicia Sindical, que corresponde á primeira quincena do mes de abril.
A portada desde número céntrase nas manifestacións que convocan conxuntamente CCOO e UGT para o 1.º de Maio e que reproducimos a seguir:
- A Coruña: 12:00 (praza da Palloza)
- Ferrol: 12:00 (praza do Inferniño)
- Santiago de Compostela: 12:00 (Alameda)
- Lugo: 12:30 (sede sindical, rolda da Muralla)
- Viveiro: 12:30 (casa sindical)
- Ourense: 11:30 (pavillón dos Remedios)
- Vilagarcía de Arousa: 12:00 (praza de Ravella)
- Pontevedra: 12:00 (praza da Peregrina)
- Vigo: 11:30 (cruzamento Vía Norte/Urzáiz)
Na portada tamén se referencia a proximidade do 28 de abril, Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo, data para a que CCOO organiza diferentes actos.
Na sección dedicada á actualidade nacional inclúese un resumo das cuestións tratadas na constitución do novo Consello Nacional de CCOO de Galicia, así como os principais retos da acción sindical de Comisións Obreiras.
A publicación complétase coa información máis sobranceira da actividade sindical diaria, destacando unha dobre páxina sobre a situación do sector ferroviario en Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario