Fecoht Informa

Fecoht Informa

30 abril 2013

#1Mayo Galicia


Estimada compañeira, estimado compañeiro,
o 1.º de Maio é unha xornada de solidariedade e reivindicación internacional, e este ano conmemórase no medio dunha profunda crise económica e financeira, que nalgúns países como o noso se manifesta de forma dramática. A Unión Europea, que actúa ao ditado da chanceler Merkel, insiste nas súas receitas neoliberais: déficit, golpe ao estado de benestar e aos dereitos sociais e laborais, paro e recesión.
En España, coma noutros países do sur de Europa, as políticas aplicadas amosan o seu perfil máis antisocial, con reformas laborais orientadas a debilitar a negociación colectiva e acabar co convenio como ferramenta de protección de traballadoras e traballadores. Pero sen dúbida, a faciana máis cruel destas políticas é a destrución de emprego e o paro, que xa superou o listón intolerable dos seis millóns de persoas que, querendo, non poden traballar.
Ademais, o Goberno non para de privatizar, de transferir recursos públicos á iniciativa privada, de xerar unha crecente desprotección e inseguridade entre os sectores máis desfavorecidos. Aínda por riba, aumenta a desafección da cidadanía pola política e recrúa a crise institucional, xusto cando son máis necesarias ca nunca as políticas públicas para mellorar a vida da xente.
Por todo isto, convidámoste a que te unas ás manifestacións que convocamos CCOO e a UGT para o 1.º de Maio en Galicia:
•A Coruña: 12:00 (praza da Palloza)
•Ferrol: 12:00 (praza do Inferniño)
•Santiago de Compostela: 12:00 (Alameda)
•Lugo: 12:30 (sede sindical, rolda da Muralla)
•Viveiro: 12:30 (casa sindical)
•Ourense: 11:30 (pavillón dos Remedios)
•Vilagarcía de Arousa: 12:00 (praza de Ravella)
•Pontevedra: 12:00 (praza da Peregrina)
•Vigo: 11:30 (cruzamento Vía Norte/Urzáiz)

Tés máis información na web do sindicato: CCOO GALICIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario