Fecoht Informa

Fecoht Informa

30 abril 2013

Hoxe segunda xornada de folga en Darty

A folga en DARTY comeza cun seguimento do 73% en Galicia
 
A folga contra o peche de DARTY e o despedimento de todo o persoal comezou cun seguimento do 73%, xa que só abriron tres tendas de once. No conxunto do Estado, o seguimento foi de case o 90%, ao abriren unicamente cinco de 42 establecementos.
 
Esta xornada de paro prodúcese na véspera dunha convocatoria de reunión entre as dúas partes cun mediador da Administración que foi requirido o pasado sábado, día 27, despois de que a dirección da compañía francesa presentara unha proposta para a aplicación do ERE extintivo, que para CCOO é un «insulto».

A folga foi secundada este luns en Galicia nas dúas tendas de Santiago de Compostela, as tres da Coruña e as de Pontevedra e Ourense. Só abriron a de Ferrol e as dúas de Vigo, aínda que o fixeron con moi pouco persoal.

Aumento de beneficios en 2012

A cadea DARTY, coñecida antes como San Luis, pertence a unha multinacional francesa chamada Kesa Electricals. Bota o peche malia que a maioría das tendas son rendibles —o beneficio en 2012 aumentou un 17%.

En todo o Estado teñen 650 traballadores e traballadoras e só lles ofrecen unha indemnización de 25 días, ata un máximo de 14 mensualidades, un «insulto máis» desta multinacional que só mira polos seus beneficios.

Ante esta situación, os traballadores e traballadoreas manteñen unha folga indefinida para loitar polo seu futuro e solicitan o apoio da cidadanía nas mobilizacións.






No hay comentarios:

Publicar un comentario