NEGOCIACIÓN CONVENIO COMERCIO DE BAZARES DE PONTEVEDRA
Vigo a 16 de abril de 2013
No día de hoxe chegamos a un preacordo para firmar o convenio de Comercio
menor de xoguetes, artigos deportivos, bazares, artigos de regalo, adorno e
reclamo.
O mesmo tempo informamos da apertura da mesa de negociación do Convenio
de Comercio do Moble de Pontevedra, que terá lugar maña día 17 de abril.
Despois de tres reunións de negociación, no día de hoxe, CCOO e UGT alcanzamos un
preacordo con a patronal para a firma de este convenio. Os termos de este preacordo son os seguintes:
Vixencia de tres anos, 2012 a 2014.
Cláusula de ultravixencia que garante o mantemento do convenio mentres non se asine
outro que o sustituia.
Incremento en todolos conceptos económicos do 0’5% para o ano 2013 e o 1% para o
2014.
Cláusula de revisión que operará a partir do 2% para o ano 2014. Esta revisión terá
carácter retroactivo a partir do mes no que se supere dito 2%.
Desconto en compras que pasa do actual 15% ó 17%.
Establecese a xornada máxima anual en 1820 horas.
Fixación dun novo período de vacacións nos casos nos que coincida esta con situación
de Incapacidade Temporal, se produza antes ou durante o disfrute das vacacións
Incremento da posibilidade de acumulación do permiso de lactación dos 16 días actuais
a 18.
Licenza de 3 día por falecemento ou enfermidade de abós, netos e cuñados.
Incluír a licenza retribuída para acudir a consulta médica, para o propio traballador ou
traballadora por e para o acompañamento de fillos menores de 12 anos ou maiores
discapacitados con un tope, neste segundo caso, de 12 horas o ano.
Temos que ter en conta tamén a cláusula de revisión do convenio anterior que supón un
incremento sobre as táboas de ese ano do 0’4% e que se haberá que aplicar dende o 1 de
xaneiro de 2011.
Aproveitamos este comunicado para informar da apertura da mesa de negociación do
convenio de Comercio de Mobles da provincia de Pontevedra, un convenio que rematou a
súa vixencia o 31 de decembro de 2011.
No hay comentarios:
Publicar un comentario