INFORMACIÓN
CONVENIO COLECTIVO
COMERCIO
ALIMENTACIÓN A CORUÑA
Antes de pasar a informar do preacordo de
Convenio de Comercio Alimentación da Provincia da Coruña, é importante situar a contorna da
negociación.
Nas últimas datas asináronse tanto o Convenio de
Grandes Almacéns e Hipermercados (El Corte Inglés, Alcampo, Carrefour), como o
doutras cadeas de supermercados (Eroski, Dia) nos que a dinámica foi
Incrementar e desregularizar a xornada anual de traballo, conxelar os salarios,
eliminar os complementos de I.T., empeorar as condicións de garda legal e
obrigar a traballar como xornada habitual todos os domingos e festivos sen pago
de horas extras.
Nesta situación, a pretensión inicial da Patronal
de Comercio Alimentación da Coruña era a de intentar negociar un convenio
similar coa desculpa da necesidade de competir comercialmente con esas empresas
e igualar os custos de persoal. Ademais xogaban coa ameaza de finalización de
vixencia do Convenio actual no mes de xullo pola reforma laboral, quedando
reguladas as relacións laborais a partir desa data exclusivamente polo Estatuto
dos Traballadores.
Trala constitución da mesa negociadora o pasado
12 de decembro e varios días de reunión e negociación, chegamos a un preacordo
coas seguintes condicións:
• Vixencia ata o ano 2015.
• Clausula de ULTRACTIVIDADE (Mantemento do texto do Convenio á
finalización da vixencia).
• Mantemento de Xornada Anual.
• Mantemento do Pago do 100% de IT
(Complemento de salario en caso de baixa)
• Mantemento de Gárda Legal ata os 10 anos.
• Mantemento da Axuda Escolar.
• Pago hora extra con incremento 50% e festiva con incremento do
100%.
• Traslado a partir dos 40Km.
• Reclasificación profesional con aplicación desde o 1 de xaneiro de
2014:
Inclusión dos salarios de promoción en salario base.
Promoción para todos os niveis con intervalos de tres
anos.
Non utilización de contratos de formación no grupo IV nin
tampouco na sustitución de traballadores despedidos por causas obxectivas,
individuais ou colectivas.
• Incremento salarial:
Ano 2012.- 0%
Ano 2013.- 0,75%
Ano 2014.- 1%
Ano 2015.- 1%
No hay comentarios:
Publicar un comentario