Xa están dispoñibles os plans Intersectorial Autonómico 2011 e o plan sectorial Administración e Novas Tecnoloxías 2011, que a Fundación Forem Galicia desenvolveu baixo o amparo da ORDE do 6 de xuño de 2011 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais e sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.
Podes acceder á oferta dende a opción 'Oferta formativa' que se atopa na barra de navegación superior. Dende o árbore de buesqueda, poderás filtrar por centro de impartición ou modalidade da acción formativa, entre outras.
Dende a nosa Oferta formativa, poderás consultar os obxectivos e contido do curso, as datas e horario de impartición, e inscribirte para participr no proceso de selección da acción do teu interese. Calquera dúbida ao respecto podes consultala a través dos nosos Centros ou tamén no espazo facebook da nosa Fundación : http://www.facebook.com/foremgalicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario