Fecoht Informa

Fecoht Informa

05 noviembre 2011

CCOO arranca o compromiso o Presidente Núñez Feijoo de seguir apostando por Manzaneda e de reunirse cos traballadores

Segundo palabras do Presidente Núñez Feijoo, a Xunta mantén o seu porcentaxe de accionarado en Meisa e se compromete a falar cos representantes dos traballadores  dun plan de viabilidade



Tras o acto de protesta realizado por CC.OO. e traballadores de MEISA
ante a sede de NCG-Banco en Ourense esta mesma mañá;  pola tarde a protesta se deprazou ata o acto de inicio de campaña do PP que se celebrou no Barco de Valdeorras.

Despois de levar  demandando dende CC.OO. unha xuntanza con algún responsable político con capacidade de decisión no conflicto de Meisa,  nos prolegómenos do Mitín no Barco o propio Presidente Nuñez Feijòo contactou coa responsable do Sindicato CC. OO. na provincia alí presente e cos delegados de persoal de CC.OO. en MEISA para manifestarlles persoalmente os seguintes puntos:

-Que a Xunta se compromete  a manter o porcentaxe de accionariado  na Estaciòn e a tratar de solucionar o tema do conxunto de accionistas abrindo a posibilidade de aumentar o número deles.
 -Que se compromete a manter unha reunión con CC.OO e cos representantes dos traballadores para explicarnos os plans de futuro e tratar de consensuar as medidas a tomar a finais do mes de Novembro,  primeiras datas de Decembro.
Ante este compromiso do propio Presidente, CC. OO. decide tomarlle a
palabra e esperar atentos que se cumpran as promesas adquiridas.

A falla dunha Àsamblea Xeral dos traballadores que terá lugar nos próximos días  suspéndense os actos reivindicativos, de protesta e de incursión na campaña electoral que estaban previston para varios mìtines  de varios partidos polìticos en toda a provincia.

Mañán mantense a recollida de firmas en Chandrexa para darlle tamén os vecinos da zona a oportunidade de expresar a súa solidariedade coa Estaciòn de Montaña.
Á espera do cumprimento dos compromisos adquiridos polo Presidente Núñez Feijoo,estaremos expectantes e seguiremos con atención o dersenrolo dos  acontecementos pensando que  isto poida ser un revulsivo para a consecuciòn dos obxectivos denunciados dende un principio por CC.OO. que pasarìan por un plan de viabilidade completo e dotado orzamentariamente que permita a modernizaciòn e posta en valor do complexo.


                                                        Para máis información:

                                                        Ana Barrios.

                                                        Secretaria Xeral CC.OO.-Ourense

                                                        Tlf: 696 51 61 86

No hay comentarios:

Publicar un comentario