Fecoht Informa

Fecoht Informa

08 noviembre 2011

Asamblea personal afectado Manzaneda...

 O Martes dìa 8 pola noite CC.OO. celebrou unha Asamblea de
traballadores afectados  na Estación invernal de Manzaneda con asistencia de
unha ampla representación  da plantilla. En dita asamblea os
responsables do Sindicato e os delegados/as electos de CC.OO. presentes
na entrevista co Pdte. Feijòo nos prolegòmenos do mitín  no Barco de
Valdeorras explicaron  os compromisos os que chegou o Presidente
referentes  a o  futuro da Estaciòn Invernal; (compromiso de manter o
accionariado  da Xunta en MEISA, compromiso de contar con os
traballadores na elaboraciòn do Plan de Viavilidade, compromiso de
pròximas xuntanzas etc.)

Na Asamblea decidiuse por unanimidade dar un voto de confianza as
promesas do Presidente da Xunta
e  permanecer atentos ata observar un
cumprimento ìntegro dos compromisos adquiridos e nos prazos
delimitados polo propio Nuñez Feijòo.De non ser asì o próximo
calendario de movilizacións ten xa datas de comenzo.

Seguir con a campaña de recollida de sinaturas nos establecementos e
negocios da  bisbarra e facer unha vez rematada, a sua entrega nos
ámbitos  pertinentes (Administracións , e demàis entidaes do
accionariado) en consideración e respeto a toda a  xente que apoyou o
proxecto con a sua signatura e para que os polìticos e demais
entidades tomen conciencia do apoyo e esixencias  da cidadanía
respecto o futuro da Estación  de Montaña de Manzaneda.

Postura pois, de alerta  en espera dunha soluciòn real e definitiva do
conflicto que  poda redundar nunha rendabilidade do complexo, nunha
estabilidade nos postos de traballo e nunha creaciòn de riqueza a
traverso do turismo para toda a comarca, a Provincia e a Comunidade
enteira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario