Neste número dedicamos a portada ao 10.º Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 deste mes baixo o lema «Respostas fronte á crise», ao tempo que lembramos que dentro dun mes terá lugar o Congreso Confederal. Trátase do colofón a un longo proceso iniciado xa oito meses. Tanto nun caso coma no outro, debateremos a xestión das respectivas direccións sindicais, ademais de acordar os obxectivos e as principais liñas de traballo para o próximo mandato. E con todo iso feito, elixiremos as persoas que queremos que dirixan a nosa organización nos próximos catro anos en Galicia e no Estado.
No resto de páxinas da publicación damos conta tamén de numerosas cuestións que centraron a actualidade sindical no último mes, como o acordo no ERE de Paradores, as mobilizacións de Novagalicia Banco, a reacción contra os recortes salariais e sociais que pretende a patronal dos grandes almacéns, a ameaza de pechar servizos de urxencias ou a supresión de trens de media distancia, entre outras cuestións.
Por último, no que é o primeiro número de 2013, incluímos tamén unha referencia ao balance do ano 2012 que presentou hai poucas semanas o Sindicato Nacional de CCOO, así como unha primeira análise sobre os orzamentos autonómicos para este ano.
Pincha aquí para acceder o Galicia Sindical
No hay comentarios:
Publicar un comentario