Fecoht Informa

Fecoht Informa

27 enero 2013

Nueva Ejecutiva del Sindicato Nacional de Comisiones Obreras de Galicia

O Congreso de CCOO de Galicia elixiu unha nova Comisión Executiva Nacional con Sánchez Aguión como secretario xeral

O Congreso Nacional de CCOO elixiu hoxe os novos órganos de dirección do sindicato, así como os integrantes das comisións de Control e Garantías, e os delegados e delegadas que representarán a Galicia no Congreso Confederal, que terá lugar o vindeiro mes de febreiro en Madrid. Durante os vindeiros catro anos, o secretario xeral continuará a ser Xosé Manuel Sánchez Aguión.

Como se informou anteriormente, para a Secretaría Xeral só había unha candidatura, a de Sánchez Aguión, que obtivo 173 votos (70,33%). Porén, para a Comisión Executiva Nacional (CEN) presentáranse dúas, a encabezada polo actual máximo responsable, que obtivo 166 votos (73,78% dos emitidos), e a liderada por Eusebio Justo Santos, que recibiu 59 votos. Houbo, ademais, 16 votos en branco e catro nulos.



Así as cousas, formarán parte da nova CEN, xunto a Xosé Manuel Sánchez Aguión, Mabel Pérez Simal, Manuel González Ríos, Maica Bouza Seoane, Francisco Carrera Pérez, Adela Poisa Baños, Jesús Castro Baamonde, Ascensión Esteban Ceballos, José Antonio Vilar González, Juan Martínez García, Machús Fernández García, Eusebio Justo Santos, Pilar Seoane Vázquez, Jaime López Golpe e Emilia Lamas Seoane.

No hay comentarios:

Publicar un comentario