Martes 29, entre as 9:30 e
as 11:00 horas
PARTICIPA,
ninguén o vai facer por
ti.
Ante a inminente presentación da nova plataforma de
Convenio que vai amosar a Patronal, a Sección Sindical de CCOO chámanos a todos
e a todas a participar na concentración que terá lugar na entrada do
hipermercado, entre as 9:30 horas e as 11:00 horas da mañá do martes día 29 de
xaneiro. Desta forma, todos e todas poderemos sumarnos á protesta durante a
nosa media hora de descanso. Non é nada ilegal, protestamos para intentar
impedir que se nos agraven, aínda máis as nosas condicións de traballo. Por un
Convenio que non sexa inhumano, por manter o pouco que nos queda, por non
perder salario, por non traballar de balde os domingos.
Ou protestamos, ou ninguén
o vai facer por nós.
Aínda
que non coincida co teu turno de traballo, podes sumarte igual, aínda que
esteas de día libre, podes sumarte igual, ninguén o vai facer por ti. Agora toca
mollarse pola defensa do noso. Non teñas vergoña, non sexas covarde, manifesta
a túa desconformidade, defende o que é teu ou quedarás
sen nada.
Digámoslle a ANGED:
Así non, queremos un Convenio
digno !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario