Nova mobilización contra as pretensións da patronal dos grandes almacéns
Para o vindeiro xoves, día 31 de xaneiro, está convocada unha nova concentración contra as pretensións da patronal dos grandes almacéns. Terá lugar diante do Corte Inglés de Vigo entre as 11:30 e as 13:30 horas.
A Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo de CCOO denuncian que a patronal dos grandes almacéns (El Corte Ingles, Carrefour, Makro, Alcampo, Aki, LeRoy, FNAC, Ikea, Hipercor, Eroski Hipermercados, Feu Vert, Conforama, Toys, etc.) queren «asfixiar» os traballadores e traballadoras do sector impóndolles un convenio colectivo que «atenta contra os nosos dereitos máis básicos». Entre outros perxuízos, impediría a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, denuncian.
O sindicato tamén denuncia que se pretenda obrigar o persoal a traballar máis horas por menos salario, desregularizando unha vez máis a xornada de traballo de tal forma que se retrocedería máis de dúas décadas. Como exemplo sitúan a proposta de xornada laboral anual: increméntase 56 horas ata situarse en 1.826,27, a mesma que en 1982.
CCOO denuncia que a patronal está a utilizar os mesmos argumentos que xa usara no pasado para recortar dereitos. Isto é, que se propón a medida para paliar a baixada de vendas e para manter o emprego. Xa daquela se revelou falso o argumento, pois destruíronse milleiros de empregos e eses dereitos non se recuperaron.
Por este motivo, Comisións chama o persoal do sector a participar «activamente» en cantas accións reivindicativas se convoquen.

No hay comentarios:
Publicar un comentario