Fecoht Informa

Fecoht Informa

30 enero 2013

Agradecemento os Traballadores/as de Carrefour Alfonso Molina


AGRADECEMENTOS AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CARREFOUR ALFONSO MOLINA


Desde a Sección Sindical de CCOO de Carrefour, queremos agradecer a todos os compañeiros e compañeiras, que no día de onte, 29 de xaneiro, participaron na concentración que levamos a cabo na entrada do noso Hipermercado. Aos que, na súa media hora de descanso, ou adiantando a hora de entrada, ou incluso a aquelas e aqueles que aínda traballando de tarde, fixeron acto de presenza na protesta, e como non tamén aos que nos viñeron a dar o seu apoio desde outros centros de traballo. Estendemos este agradecemento a todas e a todos os que lles tivera gustado asistir, e que por distintas razóns(laborais ou persoais) non o puideron facer.

Desde CCOO queremos que saibades que nos sentimos moi orgullosos  de representarvos no Comité de Empresa, e que con estas accións, todos e todas amosámoslle á patronal que aínda estamos vivos, que non estamos dispostos a tolerar máis abusos, máis recortes sobre os nosos mini-dereitos.

E seguimos a manter un ‘NON’ á resignación.

Xa desde o ano 2009 vimos sufrindo recortes en todas as parcelas das nosas condicións de traballo, primeiro coa aprobación dun Convenio que, entre outras cousas, quitábanos o dereito a cobrar o 100% das baixas por IT,despois co acordo de modificación substancial das nosas condicións de traballo, por último coa aplicación do Artigo 41 do ET, e xa para rematala este ano, cunha plataforma de convenio colectivo, que de aprobarse faríanos regresar practicamente aos tempos do franquismo.

Reiterar de novo o noso máis sincero agradecemento a todas e a todos pola vosa participación maioritaria nesta denuncia pública.

XUNTOS PODEMOS !!!

 

Grazas Compañeiros, Grazas Compañeiras.

 ADIANTE, NIN UN PASO ATRÁS!!!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario