Pola mañá teñen previsto un encontro cos traballadores da conserveira Jealsa, no Barbanza, e xa pola tarde, ás 17.45 unha asemblea de cadros e delegados no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela (San Lázaro).
Na visita a Jealsa, Méndez e Toxo estarán acompañados polos secretarios xerais de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, e do S.N. de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, xunto cunha delegación de ambos os dous sindicatos.A visita comeza ás 10.30 horas cun acto de recepción por parte da dirección da empresa e, de seguido, ás 10.50 terá lugar unha visita á fábrica. Xa ás 11.25 está previsto un encontro cos traballadores de Jealsa.
Pola tarde, a partir das 17.45 horas, o Palacio de Congresos de Santiago acollerá unha asemblea de cadros e delegados de UGT e CCOO na que intervirán Toxo, Méndez, José Antonio Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguión, ademais dos secretarios xerais de UGT-Compostela, Antonio García, e da Unión Santiago-Barbanza de CCOO, María Concepción Trasande.Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2010
No hay comentarios:
Publicar un comentario