Fecoht Informa

Fecoht Informa

03 septiembre 2010

Reunión das Unións Comarcais de Vigo de CCOO e UGT para prepararen a folga xeral


Hoxe reuníronse unha delegación da Unión Comarcal de Vigo de CCOO con outra de UGT para comezaren a preparar a folga xeral do vindeiro día 29 contra a reforma laboral e as medidas económicas e sociais regresivas impostas polo Goberno español.

Os secretarios xerais comarcais Xosé Cameselle (CCOO) e Antonio Juste (UGT), acompañados por membros das respectivas executivas comarcais, presidiron unha xuntanza cuxo obxectivo principal foi o de ratificar a vontade unitaria das dúas organizacións para sumaren esforzos e lograr que a folga xeral sexa «un éxito tal que obrigue o Goberno central a mudar a súa política económica e a derrogar a Lei de Reforma Laboral aprobada».Fíxose fincapé na importancia desta mobilización, xa que determinará a acción sindical dos vindeiros anos. Para fomentar a participación na mobilización, programáronse diversas actividades públicas para sensibilizar

No hay comentarios:

Publicar un comentario