Fecoht Informa

Fecoht Informa

07 marzo 2013

Huelga Comercio Alimentación Pontevedra, 25,26,27,28 y 30 de Marzo

FECOHT-CCOO convoca folga no comercio de alimentación da provincia de Pontevedra
 
A Federación de Comercio, Hostalaría e Turismo de Comisións Obreiras de Galicia (FECOHT-CCOO) convoca folga no sector do comercio de alimentación da provincia de Pontevedra os días 25, 26, 27, 28 e 30 de marzo.
 
A convocatoria débese á postura da patronal na negociación do convenio colectivo.



CCOO denuncia que as empresas do ámbito pretenden que as condicións económicas e sociais retrocedan á situación de «hai moitos anos», especialmente no aspecto económico, no que se produciría unha perda de salario real.

O vindeiro día 17 haberá unha asemblea de CCOO co persoal do sector na provincia de Pontevedra para definir aspectos da convocatoria de folga e o conflito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario