Fecoht Informa

Fecoht Informa

06 marzo 2013

Galicia Sindical 2ª Quincena de Febrero

 
Galicia Sindical n.º 35 - 2.ª quincena de febreiro de 2013
  • Como temas destacados, as mobilizacións do 10 de marzo e a distribución de responsabilidades na Comisión Executiva Nacional do sindicato
Xa está en liña o n.º 35 da publicación Galicia Sindical, que corresponde á segunda quincena de febreiro de 2013. O tema destacado na portada deste exemplar son as mobilizacións que convocan conxuntamente CCOO e UGT para o vindeiro 10 de marzo.
 
 
 
Ese día haberá concentración en Burela ás 12 (praza da Mariña) e manifestacións ás 12 horas na Coruña (praza da Palloza), Santiago de Compostela (Alameda), Ferrol (monumento 10 de Marzo, após o acto institucional de homenaxe), Lugo (edificio de sindicatos), Vilagarcía de Arousa (avenida da Mariña), Pontevedra (praza da Ferrería) e Vigo (cruzamento da Vía Norte con Urzáiz), mentres que en Ourense partirá ás 11:30 do pavillón dos Remedios.


Na páxina 3 tamén se informa dos actos propios de CCOO para conmemorar o Día da Clase Obreira Galega: o día 9 entregaranse en Santiago de Compostela os Premios 10 de Marzo (que este ano recaen en José Luis Paz Pena, Xaquín Álvarez Corbacho e Xan María Castro Paz) e o propio día 10 terá lugar en Ferrol o acto institucional, ás 11 horas.


Nas páxinas 4 e 5 infórmase da repartición de responsabilidades na nova Comisión Executiva Nacional de CCOO. O resto de páxinas complétanse co información sobre os principais acontecementos na actualidade sindical en Galicia nas últimas dúas semanas.
 
A publicación pódese consultar en formato PDF clicando aquí
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario