Fecoht Informa

Fecoht Informa

08 diciembre 2012

FOLGA EN PARADORES SECUNDADA POLO 95% DOS TRABALLADORES/AS

Os traballadores dos Paradores galegos secundaron a primeira xornada de folga con paros do 90% e concentracións
 
Os traballadores da práctica totalidade dos Paradores gallegossecundaron este venres a primeira das dúas xornadas de folga convocadas contra o ERE que a empresa pública prevé levar a cabo, cun seguimento nos establecementos galegos do 90 por cento e tiveron lugar tamén varias concentracións de protesta.
Segundo Jorge Carneiro, delegado de CC.OO. no Parador de Baiona e membro do Comité Intercentros, as cifras de seguimento na maioría dos paradores foron do 90 por cento e só traballaron xefes de departamento.

No Parador de Ferrol, que xunto co de Verín podería ver pechadas as súas portas a causa do Plan de Viabilidade, o 95 por cento dos traballadores secundaron a folga, e durante a mañá deste venres os traballadores realizaron unha concentración de protesta ante este Parador, na que participaron un centenar de persoas, representantes de CC.OO., UGT e CIG e de partidos políticos como PSOE, BNG, EU e Anova.

Durante a concentración, os traballadores corearon cánticos como "si aos paradores e non á especulación" e "Paradores non se vende, paradores deféndese".

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario