Fecoht Informa

Fecoht Informa

20 diciembre 2012

Concentraciones Galicia #20D "Por Outra Saida da Crise"

A Alianza Social Galega convoca mobilizacións para o 20 de decembro contra as últimas medidas do Goberno

 
  • So o lema «Por outra saída da crise», haberá concentracións na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Burela, Lugo, Vilalba, Monforte de Lemos, Ourense, O Barco de Valdeorras, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo
A Alianza Social Galega convoca mobilizacións para o vindeiro 20 de decembro en varias localidades do noso país so o lema «Por outra saída da crise». Daquela, haberá concentracións na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Burela, Lugo, Vilalba, Monforte de Lemos, Ourense, O Barco de Valdeorras, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo contra as últimas medidas adoptadas polo Goberno de Mariano Rajoy.
 
Entre estas medidas cabe destacar a decisión do Goberno de non revalorizar as pensións, os recortes na sanidade e no ensino públicos e a contrarreforma ideolóxica que representa a LOMCE, e a Lei de taxas xudiciais. Como parte das reivindicacións tamén estará a esixencia de reformar a normativa hipotecaria para pór fin ao drama dos desafiuzamentos e lograr a dación en pagamento.

A continuación indicamos os lugares e horas das concentracións:

- A Coruña: ás 19:30 h na Delegación do Goberno
- Ferrol: ás 19:30 h no edificio da Xunta
- Santiago de Compostela: ás 19:30 na praza de Galicia
- Lugo: ás 20 h na Subdelegación do Goberno
- Vilalba: ás 20:30 h diante da Casa da Cultura
- Monforte de lemos: ás 19:30 h na praza de España
- Burela: ás 20 h na praza da Mariña
- Ourense: ás 19:30 h na Subdelegación do Goberno
- O Barco de Valdeorras: ás 20 h na praza do Concello
- Pontevedra: ás 19:30 h na Subdelegación do Goberno
- Vilagarcía de Arousa: ás 20 h na praza de Galicia
- Vigo: ás 20 h diante do MARCO (rúa do Príncipe)

No hay comentarios:

Publicar un comentario