COLABORACIÓN
NA RECOLLIDA DE ALIMENTOS
Desde a Federación de Comercio, Hostalaría, Turismo e
Xogo de CCOO de Galicia, entendemos que
debemos solidarizarnos coas persoas máis afectadas por la crise que vimos
sufrindo, provocada polas entidades financeiras e por unha pésima xestión do
goberno. Hoxe milleiros de familias teñen graves problemas para poder acceder
aos alimentos básicos para a súa propia manutención.
Dentro do proxecto confederal imos colaborar na
recollida de alimentos coas entidades que o veñen facendo habitualmente e no
noso caso, a Fecoht, ímolo facer co Banco de Alimentos.
Como organización sindical, entendemos tamén, que
ademais das funcións propias como organización, debemos estar próximos a todo
tipo de problemática social e achegarmos en todo o posible ás persoas e
familias máis necesitadas e fundamentalmente afectadas pola situación de
desemprego que se vive no noso país, e como non podía ser doutro xeito, colaborar
na medida do posible, na recollida de alimentos.
Desde Fecoht Galicia, solicitamos que lle deades a
máxima difusión a esta iniciativa entre os nosos afiliados e afiliadas, e as
seccións sindicais dos centros de traballo relacionados coa alimentación e a
hostalaría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario