CCOO celebra a absolución do compañeiro Carlos Búa e dous sindicalistas da
CIG
· Foran condenados por
supostas coaccións na folga do comercio da alimentación
· A sentenza é firme e
contra ela non cabe recurso
A Audiencia Provincial de Pontevedra
revogou a sentenza do Xulgado do Penal número 1 que condenaba o compañeiro de
CCOO, Carlos Búa, e a Marcos Cadórniga e Carlos Alján, da CIG, a cumprir tres
anos e un día de prisión por un delito de supostas ameazas e coaccións
cometidas cando actuaban de piquete durante a folga do comercio da alimentación
do ano 2009.
A sentenza cita xurisprudencia do Tribunal Constitucional
para lembrar que os piquetes son legais, e que non todos os excesos nas súas
actuacións son necesariamente delituosos.O fallo do tribunal provincial establece que «o exercicio abusivo do dereito de folga non pode identificarse coa participación en grupos de folguistas, e tampouco a simple representación dos mesmos é, de acordo coa Lei, motivo suficiente para ser responsabilizado polo delito de coaccións cometido por outros». Esta sentenza é firme e non cabe recurso.
Carlos Búa e os dous compañeiros da CIG, en compañía doutros membros dos sindicatos, mantiñan desde o pasado 23 de novembro unha folga rotativa de fame nunha carpa instalada diante da Audiencia Provincial. Era o xeito que tiñan de protestar pola sentenza inicial, que consideraban abusiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario