Desde a Federación de Comercio, Hostalaría, Turismo e Xogo de CCOO, de Galicia , queremos felicitar a todos os traballadores e traballadoras da Rede de Paradores, polo éxito acadado nas dúas xornadas de folga dos pasados días 7 e 8, e dicir que foron un exemplo a seguir pola unidade que amosaron nesta loita en defensa dos seus postos de traballo e rexeitamento ao peche de calquera dos paradores.
Queremos amosar tamén o noso
agradecemento a todos os colectivos, asociacións, partidos políticos e cidadanía en xeral, pola participación e
apoio aos traballadores e traballadoras da Rede de Paradores.
Desde Fecoht-CCOO, rexeitamos publicamente esta medida tan
inxustificada que novamente pretende facer pagar ao colectivo da clase obreira,
unha crise provocada pola banca, por un goberno fascista e retrógrado
cun atraco ao estado de benestar, e neste caso , por unha nefasta xestión na
dirección da propia Rede de Paradores.
O que máis defenderemos e onde seremos inflexibles, será na destrución
de postos de traballo, pero tampouco entendemos como se pode permitir que se
peche e se enterre a cultura do noso país.
Cada parador de todo o territorio español, e por suposto da nosa terra,
de Galicia, ten unha historia detrás, unha vida, unha cultura, un pasado, unha
riqueza cultural que non debemos nin podemos permitir que se perda polo antollo
dun grupo de directivos, de pechar estes monumentos históricos que forman parte
do noso patrimonio.
Dentro de cada un destes centros de traballo, de cada un destes
paradores, hai homes e mulleres que fixeron posible a existencia do seu encanto
e que permanecesen abertos, para que calquera cidadán de calquera cultura e
país, puidese gozar dos segredos que gardan,dos seus silencios, das súas
historias, do encanto especial que se
vive cando nos aloxamos dentro desas paredes de pedra con tantos anos de vida.
Cada home e cada muller que traballa
e deixa parte da súa vida para que a esencia de paradores se manteña
viva, non merecen esta saída, non merecen que se pechen esas portas, non
merecen que se lles arranque dun xeito tan insensible os seus postos de
traballo.
Estes homes e estas mulleres, cada día, cada mañá, preparan os cafés ,
a repostería e eses almorzos, con esa profesionalidade tan característica que
só alí dentro se aprende a facer.
Cada mañá, as mulleres colocan esas
flores frescas nos floreiros de cada
currunchiño, de cada esquina, enriba de cada moble antigo que garda tantos segredos, de cada zona de paso, para facermos sentir
nun mundo diferente e máxico
O trato especial e exquisito que
se percibe polos traballadores e
traballadoras de recepción, desde o momento que te hospedas ata o momento da
despedida, diferenza en gran magnitude o servizo que se presta neste tipo de
aloxamentos, xa sexa pola profesionalidade do colectivo de traballadores, xa
sexa polo encanto tradicional das súas paredes .
É unha loita máis que lle temos que gañar a un goberno que non entende
de dereitos laborais nin sociais, a un goberno que non é quen de atopar unha
solución a grave crise que estamos a sufrir , a un goberno que non amosa ningún
interese pola mocidade do noso país, a un goberno que non se lembra que hai
familias desafiuzadas polas súas decisión antidemocráticas, a un goberno que se
esquece que somos homes e mulleres, que somos seres humanos, que temos dereitos
e seguiremos na loita ata que se nos sexan devoltos.
VIVA A CLASE
OBREIRA.!!!!
Isabel Castaño Becerra
Secretaria Xeral Fecoht-Galicia.
gracias por su apollo,necesitamos personas comprometidas para que con el respeto no se tire por la vorda tanto esfuerzo y tanta dedicacion que se pueden hacer de otra manera las cosas no por...
ResponderEliminarrespetemos los que por estar en otro nivel no hay que destruir,que por la mala gestion se destroce la vida a tantas familias que con su onraded solo saven trabajar.
gracias