Fecoht Informa

Fecoht Informa

17 julio 2012

Imagenes de la Manifestación de Pontevedra contra penas de prisión a Sindicalistas

Manifestación unitaria en Pontevedra contra as penas de prisión a varios sindicalistas





Hoxe martes, día 17 de xullo, ás 11:30, parte da praza da Ferrería de Pontevedra unha manifestación conxunta de CCOO, CIG e UGT convocan para denunciar as penas de prisión impostas a varios sindicalistas do comercio. A marcha, na que participarán os secretarios xerais das tres organizacións, rematará diante da Audiencia Provincial, que é o órgano que debe resolver o recurso contra a sentenza.
Os tres sindicatos critican a sentenza do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra, que condena a Carlos Búa (CCOO) e dous membros da CIG a penas de tres anos e un día de prisión, multa de 1.805 € e pagamento dun terzo das custas xudiciais. As acusacións baséanse na actuación como piquete informativo dos tres compañeiros na folga do sector de comercio de alimentación convocada na provincia en novembro de 2009.

CCOO denuncia que esta resolución xudicial «non é un feito illado», senón que se enmarca no contexto dunha «campaña moi agresiva contra o sindicalismo de clase», na que son relevantes a participación tanto do Goberno do Estado como das Delegacións e Subdelegacións do Goberno. Proba disto é a recente sentenza condenatoria ao secretario comarcal de CCOO-Industria de Vigo pola súa participación na última folga do metal, así como as «cuantiosas multas» que aínda hoxe están a recibir numerosas persoas que foron identificadas «arbitrariamente» na folga xeral do pasado 29 de marzo.

Para CCOO, resulta especialmente preocupante que moitos destes casos se estean a dar na provincia de Pontevedra, e critica o cariz «ideolóxico» da sentenza que condena estas tres persoas a penas «desproporcionadas».

No hay comentarios:

Publicar un comentario