Fecoht Informa

Fecoht Informa

19 julio 2012

350.000 personas en el 19J en Galicia


A cidadanía mobilizouse de xeito masivo en dez localidades galegas convocadas por UGT, CCOO e CIG


IMAGEN DE OURENSE EL 19J

Máis de 350.000 persoas claman na rúa contra o «saqueo» que representan os recortes do Goberno do PP


As manifestacións máis multitudinarias en Galicia nos últimos anos


Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2012.- Esta tarde, máis de 350.000 persoas participaron en dez manifestacións por todo o territorio galego. De xeito unitario e masivo clamaron contra o «saqueo» que representan os últimos recortes aprobados polo Goberno central, en mans do PP, que agravan os efectos dos impostos semanas e meses atrás.


Na Coruña, en Ferrol, en Santiago de Compostela, en Burela, en Lugo, en Ourense, no Barco de Valdeorras, en Vilagarcía de Arousa, en Pontevedra e en Vigo sentiuse o clamor unánime da maioría social deste país. Nesta xornada de mobilización, os secretarios xerais dos tres sindicatos participaron na marcha que partiu da coruñesa praza da Palloza, na que foi unha das mobilizacións máis multitudinarias que se lembran.

Desde a cidade herculina, os dirixentes sindicais denunciaron, unha vez máis, o «saqueo» que supón para a clase traballadora o novo paquete de medidas, que cualificaron tamén de «insolidarias», «inxustificadas» e «inxustas». Advertiron tamén de que este plan de recortes, especialmente lesivo para quen menos ten, non vai quedar sen resposta.

Para CIG, CCOO e UGT, o «programa oculto» do PP, agora por fin revelado, ten como obxectivo eliminar dereitos, deteriorar os servizos públicos e precarizar e desregular o máis posible as condicións de vida e de traballo. Por iso aprobaron a diminución da prestación por desemprego a partir dos seis meses do 60 ao 50%, así como o endurecemento dos requisitos para o acceso á renda activa de inserción ou a suba do tipo xeral do IVE do 18 ao 21% e do reducido do 8 ao 10%.

Na mesma liña van a supresión da paga extra de Nadal das empregadas e empregados públicos e da súa negociación colectiva; a redución das empresas e fundacións públicas; a delimitación da prestación de servizos por parte dos concellos, reforzando a cambio as deputacións; a liberalización do sector dos servizos e flexibilización dos horarios comerciais e a privatización dos sectores de transporte ferroviario, portuario e aeroportos, entre outras. Mentres iso sucede, os auténticos responsables da crise vense beneficiados por amnistías fiscais e políticas favorables aos seus intereses.

Aproveitando a súa maioría absoluta tanto en Galicia como no Estado, o PP estase limitando a gobernar a golpe de decreto. Néganse ao diálogo e converten as mesas e espazos legais de negociación en simples trámites informativos. Ante a ausencia de talante democrático de quen goberna, o movemento sindical expresarase mediante mobilizacións, advirten CCOO, UGT e CIG.

No hay comentarios:

Publicar un comentario