Máis de 4.000 persoas arrouparon en Pontevedra os sindicalistas do comercio condenados a prisión.
Máis de 4.000 persoas participaron esta mañá en Pontevedra nunha manifestación convocada por CCOO, UGT e CIG para denunciar a sentenza que condena a penas de cárcere tres sindicalistas que participaron en 2009 na folga do comercio de alimentación da provincia.
Apoio multitudinario aos sindicalistas
O pasado 26 de xuño, o Xulgado do Penal n.º 1 da cidade ditou unha sentenza que condena a Carlos Búa, de CCOO, e Marcos Cadórniga e Carlos Alján, da CIG, a tres anos e un día de prisión, amais do pagamento das custas xudiciais e unha sanción económica, a raíz da súa participación nun piquete de folga. A Fiscalía e o xuíz imputáronlles un delito «contra os dereitos dos traballadores» por supostas ameazas e coaccións.
Para CCOO, CIG e UGT, a sentenza ten un «profundo contido político e ideolóxico», xa que procura «castigar e reprimir a todos aqueles traballadores e traballadoras que se enfronten ás políticas de recortes de dereitos». Sinalan que o PP xa anunciou a pretensión de modificar a Lei de folga, así como o Código penal, co obxectivo de «reprimir e castigar coa máxima dureza calquera contestación social que se dea contra as políticas antisociais e antiobreiras que está a promover».
CCOO, CIG e UGT lembran que os piquetes informativos teñen amparo legal e cumpren unha función «fundamental» á hora de dar cobertura aos traballadores e traballadoras que desexan sumarse á folga pero «teñen moitas dificultades debido ás presións e ameazas da patronal, especialmente eficaces nun contexto de precariedade e altos niveis de desemprego como os que estamos a vivir».

No hay comentarios:
Publicar un comentario