Fecoht Informa

Fecoht Informa

05 julio 2012

17 Julio Manifestación en Pontevedra apoyo a Sindicalistas condenados a prisión

Denunciamos a sentenza do Xulgado do Penal núm. 1 de Pontevedra, pola que se condena ó noso compañeiro Carlos Búa, e a dous compañeiros da CIG, a tres anos e un día de prisión, multa de 1805 euros, e pagamento dun terzo das custas xudiciais. As acusacións están baseadas na actuación como piquete informativo dos tres compañeiros na folga do sector de comercio-alimentación convocada na provincia de Pontevedra en novembro do 2009.


Dende CCOO sabemos que esta sentenza non é un feito aislado. Que se enmarca no contexto dunha campaña moi agresiva contra o sindicalismo de clase, alentada polo goberno estatal, e que ten outras referencias xudiciais e administrativas como a setencia condenatoria ó Secretario comarcal de Industria de Vigo, e as numerosas e cuantiosas multas que aínda hoxe se están a recibir por participar na folga do 29 de marzo. Ó mesmo tempo constátase que esa campaña ten unha especial virulencia na provincia de Pontevedra.


Estamos pois ante unha sentenza arbitraria, con claros tintes “ideolóxicos”, orientada ó debilitamento do movimento sindical. Unha sentenza madurada con antelación ó xuízo, como o proba que se fixese pública o mesmo día en que este se celebrou.


Ante a gravidade da situación, sen prexuízo da presentación do correspondente recurso xudicial, os tres sindicatos de clase de Galicia, CCOO, UGT e CIG, acordamos desenvolver unha campaña de denuncia, que se iniciará cunha MANIFESTACIÓN UNITARIA en Pontevedra, para a que comprometemos a participación dos delegados e delegadas de toda Galicia.


Esta manifestación, que estará encabezada polos tres secretarios xerais de Galicia, sairá da Praza da Ferrería, ás 11:30 horas do día 17 de xullo, e rematará diante da Audiencia Provincial de Pontevedra, que é o órgano que tén que resolver o recurso contra a sentenza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario