Galicia Sindical n.º 25 - xullo de 2012
O n.º 25 da publicación GALICIA SINDICAL leva á portada as multitudinarias manifestacións que tiveron lugar onte en toda Galicia, convocadas por CCOO, UGT e CIG contra os últimos recortes aprobados polo Goberno Central.
A publicación inclúe unha galería fotográfica que é a penas un pequeno resumo do que foi unha xornada histórica. Outros temas tratados no n.º 25 son a manifestación en apoio aos sindicalistas do comercio pontevedrés condenados a prisión, as mobilizacións do persoal de Alcoa e Navantia, as reivindicacións de CCOO en materia contra incendios ou as críticas de CCOO-Ensino pola ausencia de diálogo por parte da Consellaría do ramo, entre outros asuntos.
A publicación pódese consultar clicando
aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario