CCOO e UGT propoñen unha xornada de manifestacións en todo o Estado o 19 de xullo
- Anuncian que non pararán de mobilizarse contra os recortes do Goberno que afectan as persoas en paro, aos empregados públicos e aos pensionistas, e que xeran máis desemprego e recesión económica
As direccións executivas confederais de CCOO e UGT mantiveron á primeira hora da tarde unha reunión para analizar o novo plan de recortes anunciado polo presidente do Goberno e que afecta os sectores máis débiles da sociedade, incidindo negativamente sobre as rendas medias e baixas, sen que unha soa das medidas aprobadas implique esforzo ningún para as empresas e rendas máis altas. Todo o contrario: poderanse beneficiar, entre outras, dunha baixada de cotizacións sociais de dous puntos.
Despois de repasar cada unha das medidas aprobadas polo Goberno, UGT e CCOO decidiron:
— Facer un chamamento á sociedade civil e aos seus sectores máis dinámicos para compartir a convocatoria de manifestacións masivas que terán lugar en todo o Estado o xoves, 19 de xullo.
— Despregar unha intensa axenda de contactos e reunións co tecido social e cultural organizado e, en primeiro lugar, coa Plataforma para a Defensa do Estado do Benestar e os Servizos Públicos, para procurar comprometer o maior número de persoas e colectivos na resposta ao plan de recortes do Goberno.
— Rexeitar enerxicamente o novo ataque aos dereitos e prestacións de persoas en paro, empregados públicos e pensionistas que, xunto á forte suba do ive, provocarán unha caída do consumo e, polo tanto, menor actividade económica e maior destrución de emprego.
— Ratificar a estratexia de mobilización sostida contra os recortes decidida xa hai uns meses polos sindicatos e que coñecerá no outono unha expresión máis firme e contundente. Neste sentido, CCOO e UGT, ante o que consideran unha auténtica fraude política do Executivo —gobernan cun programa que non presentaron ás eleccións—, reiteran a súa vontade de celebrar nos próximos meses unha consulta á cidadanía para que esta se pronuncie sobre os recortes sociais e laborais.
— Por último, UGT e CCOO advirten do perigoso camiño elixido polo Goberno de recorrer cada vez con máis frecuencia a discursos corporativos cheos de acenos autoritarios e baleiros de democracia, que contribúen á deterioración crecente das institucións democráticas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario