Fecoht Informa
06 octubre 2011
#XMTD en Vigo 6 Octubre 2011
Máis de 20.000 persoas ateigaron as rúas de Vigo, convocadas por UGT e CCOO baixo o lema ”O traballo decente non é un privilexio. O emprego e as persoas, o primeiro”
A mobilización, que foi parelle a outras que se convocaron no resto do Estado, enmárcase na Xornada Mundial polo Traballo Decente que convoca a CSI, da que ambos sindicatos forman parte
Santiago, 6 de outubro de 2011. Máis de 20.000 persoas ateigaron as rúas de Vigo, convocadas por CCOO e UGT, baixo o lema “O traballo non é un privilexio. O emprego e as persoas, o primeiro”.
Esta manifestación, que se enmarca na Xornada Mundial polo Traballo Decente que ven convocando anualmente a Confederación Sindical Internacional (CSI) dende o seu Congreso fundacional en Viena no ano 2006, contou coa participación dos secretarios xerais de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, e do S.N. de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez.
Ambos demandaron situar como prioridade ás persoas e, polo tanto, ao emprego e ás prestacións sociais, a defensa dos dereitos públicos fundamentais, en particular a sanidade e a educación, e o dereito á negociación colectiva. Baixo estas demandas tiveron lugar multitude de actos, asembleas, concentracións e manifestacións en todo o territorio español ao longo do día de hoxe.
Ambos sindicatos consideran que este ano, con motivo da Xornada Mundial polo Traballo Decente, era máis necesario que nunca mobilizarse contra o modelo neoliberal de saída da crise e para esixir a universalización dun traballo digno e con dereitos.
O concepto de “traballo decente”, acuñado pola Organización Internacional do Traballo (OIT), refírese ao que se realiza respectando os convenios fundamentais proclamados por esta organización en 1998 –liberdade sindical, dererito de folga e negociación colectiva, prohibición do traballo infantil e do traballo forzoso, e prohibición de toda forma de discriminación laboral. É un traballo que se realiza baixo contrato, cunha remuneración xusta e o dereito a unhas prestacións sociais básicas.
A Confederación Sindical Internacional, que é a organización que convoca esta Xornada Mundial polo Traballo Decente, todos os 7 de outubro (aínda que este ano no noso país adiantouse ao día 6), considera que só a loita en común dos traballadores e traballadoras de todo o mundo permitirá alcanzar os dereitos do traballo e unha vida digna a quen hoxe non a ten. Ó tempo permitirá facer fronte á forte ofensiva que hai para deteriorar este obxectivo.
Desde 2008, a profunda crise económica mundial que padecemos, provocada pola cobiza sen límites dos especuladores financeiros e inmobiliarios e a falta de regulacións económicas e de goberno democrático do mundo, produciu un notable incremento do desemprego e un deterioro das condicións de traballo na maioría das nacións. Perdéronse preto de 40 millóns de empregos; o número de persoas sen traballo subiu a 205 millóns, e o de traballadores precarios a 1.450 millóns, case a metade de quen traballan no mundo. En Europa o número de parados ascende a 23 millóns, en España roldamos os cinco millóns e en Galicia sobrepásanse as 200.000 persoas desempregadas.
Antes da crise, o programa da ONU para alcanzar os chamados Obxectivos do Milenio pretendía, entre outras cousas, reducir, en 2015, á metade o número de persoas que en todo o mundo vivían na pobreza absoluta (800 millóns). Hoxe non só non se reduciu senón que o número ascendeu aos 1.000 millóns. Para conseguir o obxectivo eran necesarios pór 50.000 millóns de dólares en axuda, só o 1% do que se gastou no salvamente do sistema financeiro mundial.
A pesar da gravísima situación que a economía e o emprego viven en Europa, desde maio do ano pasado as institucións da UE e os gobernos nacionais eliminaron das súas prioridades ambos conceptos.
Incapaces de xestionar a longa crise das débedas soberanas, a pesar de que existen medidas para iso, só se expoñen políticas de recorte para reducir os déficits e as débedas públicas. Non só iso, senón que, contra toda evidencia, afirman que a creación de emprego producirase polas chamadas “reformas estruturais” que non pretenden outra cousa que diminuír os custos laborais, as prestacións sociais e o custo dos servizos públicos (a través ata da súa privatización), e debilitar a negociación colectiva e a forza dos sindicatos.
É dicir, queren impoñer como solución todo o peor das fracasadas políticas neoliberais que nos levaron á crise. E, ademais, colocaron a Europa ao borde dunha nova recesión porque os brutais axustes orzamentarios, en prazos moi curtos e sen consenso social, terminan por afundir as economías sen poder reducir os déficits.
A perda de emprego está privando á clase traballadora da súa fonte básica de ingresos, e algunhas reformas adoptadas polos gobernos, ao ditado dos intereses dos poderes e mercados financeiros, están atacando os tres alicerces do traballo decente: dereitos, protección social e negociación colectiva.
O desemprego, o paro de longa duración, o crecemento da temporalidade e a precariedade están incrementando as desigualdades sociais e empuxando a un número crecente de persoas a situacións de pobreza e exclusión.
No noso país, a reforma laboral de 2010, a eliminación do límite ao encadeamento de contratos temporais e o novo contrato de formación para mozos, aprobados polo Goberno ao final do seu mandato, xunto coa perda de cobertura da protección por desemprego, como consecuencia da prolongación da crise, e os drásticos recortes do gasto público (que están aplicando comunidades autónomas e concellos e que ameazan o mantemento de servizos e prestacións sociais básicos) están rebaixando as condicións de vida dos cidadáns e poden levarnos a unha quebra social inxustificable.
Finalmente, o salario, un dos principais indicadores do traballo decente, mostra tendencias de evolución igualmente preocupantes: se en 2008 a porcentaxe de quenes tiñan un salario igual ou inferior ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) era do 8,9 por cento, en 2009 esa porcentaxe subiu ata chegar ao 10 por cento sobre un total de 15.256.200 asalariados. Máis dun de cada cinco traballadores con baixa remuneración (21 por cento) vive en fogares con ingresos que están por baixo do limiar de pobreza.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario