Fecoht Informa

Fecoht Informa

07 octubre 2011

REUNIÓN CONSELLO GALEGO DE COMERCIO

O día 5 de Outubro ás 17:00 horas, na aula Colmeiro da Administración Pública, en Santiago de Compostela, asiste Isabel Castaño, Secretaria Xeral da Federación de Comercio, Hostalería e Turismos de CCOO de Galicia, en calidade de membro do consello galego de comercio.

A orde do día:

1º- Constitución do Consello Galego de Comercio, previsto no artigo 18 da Lei 13/2010, do 17 de Decembro, do Comercio Interior de Galicia.

2º- Ratificación da designación do secretario/a do Consello Galego de Comercio.

3º-Informe das solicitudes de autorización para a celebración dunha segunda feira de oportunidades, nos concellos de Betanzos, Lugo e O Grove, de conformidad co presvisto no artigo 94 da Lei 13/2010, do 17 de Decembro, do Comercio Interior de Galicia.

4º- Información sobre a tramitación do procedemento previsto no artigo 6 da Lei 13/2066, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, e formulación de ser o caso, das correspondentes propostas de modificación e mellora.

5º- Rogos e preguntas.

Neste consello apróbase todo por unanimidade, excepto o punto quinto, referinte ao réxime sancionador, no que CCOO, UGT e CIG votan en contra, manifestando a necesidade dunhas sancións proporcionais ás infraccións con respeto ás aperturas fora dos horarios, domingos e festivos establecidos.

O presidente da Federación Galega de Comercia, o Sr. Seijas, lle fai unha petición espresa ao Sr. Conselleiro e á dirección Xeral de Comercio: “que se cree un corpo amplio de inspectores de comercio, para dar un maior control do cumprimento dos días de rebaixas e demáis”.

A resposta da administración é moi contundente e concisa; “ na actualidade hai cinco inspectores cos que colabaran os xefes de servicios provinciais, aos que lle agradece a súa colaboración, pero a situación económica actual da administración, non permite nin a contración nin a oferta de emprego público, polo que se pide a colaboración de todos os comerciantes, tanto grandes como pequenos, para facer un cumprimento exhaustivo la lei.

O Conselleiros da as gracias a todas e a todos os membros do Consello por asistir a esta xuntanza, e recorda que é a primeira vez que este consello se reúne na súa totalidade sendo coñecedor da dificultad de axustar as axendas de cada quen.


No hay comentarios:

Publicar un comentario