Fecoht Informa

Fecoht Informa

25 octubre 2011

RECOLLIDA SINATURAS MANZANEDA

CCOO recolle sinaturas en defensa da viabilidade da Estación Invernal de Manzaneda

24-10-2011.- A esta campaña de recollida de sinaturas pedindo o compromiso co futuro da estación invernal sumáronse os esquiadores e realízase tamén en Internet

A feira mensual de Manzaneda foi o escenario elixido por CCOO para comenzar a recollida de sinaturas coas que reclamar para a instalación o apoio das institucións que forman parte do seu accionariado á viabilidade da estación invernal, non desgotando a posibilidade de abrirlle as portas a novos accionistas.

CCOO xa criticou no seu momento a decisión adoptada por Novacaixagalicia Banco de abandoar a sociedade, na que tamén posúen accións a Xunta e os concello de Trives e Manzaneda.


A maioría das persoas que acudiron ao recinto feiral pasaron pola mesa colocada por CCOO no centro do pobo para rubricar o seu respaldo á "Manzaneda Estación de Inverno"(MEISA).

O escrito proposto por CCOO e aprobado pola asemblea de traballadores realizada a semana pasada, pretende que as distintas administración e o banco aporten o financiamento necesario para manter activo e en condicións rendibles o complexo turístico. O texto que están asinando os veciños explica que a estación de montaña é un dos motores fundamentais para o mantemento e desenvolvemento económico da bisbarra, da provincia e da nosa comunidade autónoma, ademais de xerar 52 postos de traballo fixos, mais de 300 eventuais e unha cifra de empregos indirectos sin cuantificar.

CCOO anunciou tamén vindeiros actos que vai realizar en defensa da estación invernal, que consistirán en recollida de sinaturas na feira de Trives o vindeiro 2 de novembro e de Castro Caldela o 3 de novembro.

Á campaña de recollida de sinaturas iniciada por CCOO sumouse a que promoven os esquiadores e aficionadas á montaña a través de Internet, na páxina web'manzaneda.info', onde se recollen sinaturas online, para a "única industria importante dunha das bisbarras mais deprimidas de Europa", segundo dicen na páxina. A última hora de onte, 1500 persoas xa reclamaran as inversións que MEISA necesita para seguir a ser o motor que dinamiza a bisbarra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario