Fecoht Informa

Fecoht Informa

25 octubre 2011

CONCENTRACIÓN TRABALLADORES/AS MANZANEDA 26 DE OUTUBRO

CCOO convoca unha concentración de traballadores e traballadoras da Manzaneda Estación Invernal (MEISA) diante do Edificio Administrativo da Xunta en Ourense

Esta concentración enmárcase no calendario de mobilizacións proposto por CCOO e avalado pola asemblea de traballadores celebrada a semana pasada

Ourense, 25 de outubro de 2011

Continuando coa campaña de mobilizacións polo futuro de Manzaneda Estación Invernal (MEISA), convocadas por CCOO, e que iniciouse coa recollida de sinaturas na pasada feira de Manzaneda, mañá, mércores 26 de outubro, terá lugar unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia (“Casa de Chocolate”) de 11,30 a 12,30 horas.

A incetidume sobre o futuro da estación invernal, levou a CCOO e aos traballadores e traballadoras da empresa a intensificar as mobilizacións esixindo un compromiso claro da Xunta de Galicia e demáis accionistas da empresa cun plan de viabilidade que asegure a rendabilidade da única estación invernal de Galicia, da que dependen 52 empregos fixos, mais de 300 eventuais e mais de 500 indirectos.

CCOO critica a falta de concreción nos plans de futuro que amosa a Xunta de Galicia para garantir que a estación invernal se convirta nun referente no turismo de montaña para Galicia, competindo con outras estacións invernais de similares carácterísticas que resultan rendibles en termos económicos e que supoñen un motor de dinamización das economías locais onde se atopan ubicadas.

CCOO considera fundamental a implicación de todas as administracións públicas, encabezadas pola Xunta de Galicia, para facer de esta bisbarra do occidente ourensán, tan deprimida, unha referencia en Galicia e a súa zona de influencia.

Ante estas incetidumes, CCOO e os traballadores e traballadoras de MEISA continuarán coas mobilizacións iniciadas e que terán continuidade coa recollida de sinaturas nas feiras de Trives e de Castro Caldelas os días 2 e 3 de novembro respectivamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario