Os secretarios xerais do Sindicato Nacional de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, e UGT-Galicia, José Antonio Gómez, presentaron esta mañá a iniciativa lexislativa popular (ILP) «Emprego estable e con dereitos», que procura reverter os aspectos máis lesivos da reforma laboral.
A primeira traballadora desta Federación en fimar, foi a nosa Secretaria Xera, Isabel Castaño, momento que recollemos na foto superior.
Con esta presentación, á que acudiron preto dun cento de persoas, comeza xa unha recollida de sinaturas por toda Galicia e no resto do Estado, pois para que a ILP poida ser debatida e votada no Congreso dos Deputados será necesario recoller medio millón de rúbricas nos vindeiros nove meses.
Segundo Sánchez Aguión, esta ILP é un texto articulado de lei «que demostra que o sindicalismo de clase ten alternativas ao recorte de dereitos». Para o máximo responsable de CCOO en Galicia, nos varios meses que xa leva en vigor a reforma laboral, este demostrou ser «inútil» para lograr os obxectivos que prometera o Goberno central.
«Cumpriuse o que nós xa anunciaramos previamente, que só ía servir para destruír emprego con maior rapidez e a menor custo», e expuxo varios datos que amosan ás claras a gravidade da situación.
A ILP propón reformas normativas dirixidas a combater a segmentación e a precariedade do mercado de traballo —favorecendo o acceso e a permanencia a través de empregos estables e de calidade—, recuperar a causalidade do despedimento e con garantías —sobre todo no caso do despedimento obxectivo—, favorecer o emprego da mocidade e persoas en paro, obrigar a que as medidas de flexibilidade interna das empresas se negocien cos sindicatos, reformar os elementos da negociación colectiva conculcados pola reforma laboral e avanzar cara á progresiva substitución do actual modelo produtivo —precisamente, a principal causa pola cal a crise económica é especialmente intensa no noso país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario