Estimados compañeiros e compañeiras
O pasado 1 de marzo reuniuse a comisión paritaria do convenio Prodelivery (Pizzas) e o comité intercentros do grupo Telepizza SAU.
A Comisión paritaria reuniuse para asinar as táboas definitivas do ano 2010 cun 1,7 %, diferenza de aplicar ao IPC real 3% menos incremento a conta do 1,3%, debendo abonar a empresa atrasos desde outubro, mes no que o IPC acumulado superou o incremento a conta. Tamén se firmaron as táboas provisionais para o ano 2011 cun incremento de 1% para todos os conceptos.
Doutra banda, tamén se reuniu o comité intercentro do Grupo TelePizza SAU, para tratar temas pendentes de última reunión, do pasado mes de abril e para actualizar os conceptos do acordo Axuda transporte. Achegámosvos só a acta dos conceptos coas cantidades, estamos á espera de que nos envien a acta dos outros temas que se trataron.
Pero adiantámosvos algo e en canto teñamos a acta enviámosvola:
Quedas pendente que a empresa nos confirme se o sistema de incentivos que está a aplicar nas tendas aos equipos xerentes e demais persoal, vai ser definitivo ou o van a camiar a mellor ou poer. Tamén nos queda pendente que nos contesten ás propostas de mellora de condicións laborais que se achegaron na última reunión. A empresa contestounos que teñen que estudialo.
Púxose data para constituír o Comité de Igualdade para o próximo día 17 de marzo e quedaría pendente a data para constituír o Comité de Saúde e Seguridade Laboral.
Aclarar coa empresa que o incentivo que se paga para a apertura dos días 25 de decembro e 1 de xaneiro, débese tratar nunha reunión a finais de ano co comité intercentros para que a parte social (representates de cada sindicato) podamos achegar propostas que melloren o citado incentivo e que non só sexa unha mera comunicacion por parte da empresa, xa que este incentivo non leva ningún incremento salarial e desde hai anos segue sendo a mesma cantidade.
No ultimo punto de varios, CCOO pediulle á empresa:
-que nos entreguen informe da situación económica ou Balance ecónómico do último ano, que hai anos que non nola entregan e sempre están con que a empresa vai mal.
- pedísmoslle que na próxima reunión se concrete ou se unifiquen criterios de como temos que distribuír a xornada anual dos equipos xerentes, xa que nalgunhas zonas disfrútase dos festivos acumulados ás vacacións e noutras non, ou os responsables de zona fan o que queren sen contar cos comités ou delegados de persoal, modificando as condicións laborais pactadas.
-como último punto pedímoslle que do mesmo xeito se unifiquen criterios para a distribución da xornada anual, queremos que nos informen en qué zonas a empresa complementa ou mellora aos equios xerentes os salarios até o 100% por IT non laboral. Exiten acordos asinados con RLT nalgunhas comunidades autónomas.
-A Sección Sindical Estatal vai facer un envío por correo ordinario e por e-mail das actas e táboas salariais que vos achegamos a todos os afiliados de TelePizza SAU. O resto podédelo facer vós, entregandoselo aos delegados para que o entreguen ou o cuelgen as tendas para informar os traballadores e franquías.
E para terminar, decirvos que grazas aos delegados e á sección sindical estatal de CCOO o comité intercentros está a reunirse, porque UXT que ten a maioria non fai nada e a proba diso é que nesta reunión descoñecían a orde do dia que CCOO propuxo. Isto é importante que llo transmitades aos nosos delegados para que cando surxan temas a tratar no Comité Intercentros no lo fagan chegar con tempo e podamos convocar máis reuniónes coa empresa.
Espero que vos sirva de axuda
Un saúdo
No hay comentarios:
Publicar un comentario