Os pais/nais traballadores/as xa poden solicitar a prestación para o coidado de
menores con cancro ou enfermidade grave ante a Mutua de Accidentes de
Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social ou a entidade
xestora coa que a empresa teña concertada a cobertura dos riscos
profesionais.
A Lei xeral da seguridade social e o Estatuto dos Traballadores xa establecen
os principios polos que se ten que recoñecer esta nova prestación da
Seguridade Social que, aínda que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro coa
Lei de presupostos xerais do Estado para 2011, precisa da aprobación dun
regulamento que determine o concepto de «enfermidade grave», entre outras
cuestións. O feito de que estea vixente dende o 1 de xaneiro de 2011 garante o
cobramento do subsidio dende a data da solicitude, sempre que esta se axuste
ao requirido na lei e as súas normas de desenvolvemento.
Os requisitos para acceder á nova prestación por coidado de fillos/as con
enfermidade grave son os mesmos que os establecidos para a maternidade
contributiva: estar afiliado á Seguridade Social e ter cuberto o período de
cotización mínimo requirido.
A prestación económica consistirá nun subsidio equivalente ao 100% da base
reguladora equivalente á establecida para a prestación de incapacidade
temporal, derivada de continxencias profesionais, e en proporción á redución
que experimente a xornada de traballo.
Será requisito indispensable que a persoa beneficiaria reduza a súa xornada de
traballo, polo menos, entre un 50 e un 100% da súa duración, co fin de se
dedicar ao coidado directo, continuo e permanente do menor.
A xestión e o pagamento corresponderían á Mutua de Accidentes de Traballo e
Enfermidades Profesionais ou á entidade xestora con quen a empresa teña
concertada a cobertura dos riscos profesionais.
A prestación extinguirase cando cese a necesidade de coidado directo,
continuo e permanente do menor ou cando este cumpra 18 anos.
Polo tanto:
Quen se atope nesta situación e cumpra os requisitos, pode solicitar o
exercicio do dereito de acceso á prestación, aínda estando pendente o
desenvolvemento regulamentario, xa que entrou en vigor en xaneiro de
2011.
No hay comentarios:
Publicar un comentario