Fecoht Informa

Fecoht Informa

22 febrero 2011

Actos dia 8 de Marzo

Secretaría da Muller e políticas de igualdade comisión Executiva Nacional Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia

8 DE MARZO DO 2011

A Executiva do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e as organizacións que a compoñen celebrarán este ano o 8 de Marzo, día internacional das mulleres, coas seguintes actividades:
ACTIVIDADES A DESENVOLVER POLO SINDICATO NACIONAL:

. Día 2 de Marzo, presentación en Rolda de Prensa do Estudio Económico e Laboral elaborado polo Gabinete Económico do Sindicato Nacional. -Distribución do Estudio a toda a organización así como a distribución habitual a Universidades, Consellos, Administracións Públicas, etc.
. Día 3 de Marzo, acto público a celebrar na Praza das Praterías en Santiago de Compostela, nunha concentración de Delegadas e Delegados de CCOO, en horario de 11 a 13 horas.

-Esta concentración ten por obxectivo levar as nosas reivindicacións á rúa. Celebrar esta data, aproveitando a repercusión pública que ten, para trasladar as demandas das mulleres de CCOO a través dun acto aberto á cidadanía de Compostela, coa invitación expresa a todas as organizacións da comarca (de mulleres, consello municipal, Concello).

O acto o abrirá a Unión Comarcal de Santiago. A continuación, o conducirá a compañeira Lucía Trénor, nun esforzo combinatorio dos traballos da Secretaría da Muller e da Secretaría de Xuventude. Ela introducirá os distintos diálogos que van a interpretar algunhas das nosas delegadas e delegados, a través dos cales irán representando as dificultades e discriminacións sufridas polas mulleres no mercado laboral.

Dándolle un formato entretido e diferente, representaranse en total cinco escenas que poñan de manifesto a necesidade de continuar apostando pola igualdade, centradas nos seguintes temas do traballo sindical:
. Discriminación no acceso o emprego; . Maternidade-Paternidade; secretaría da muller e políticas de igualdade comisión executiva nacional sindicato nacional de comisións obreiras de Galicia
. Corresponsabilidade; . Plans de Igualdade; . Promoción Profesional; . etc. Para finalizar, farán unha pequena intervención a responsable da secretaría da Muller e o secretario xeral do Sindicato Nacional.

ACTIVIDADES A DESENVOLVER POLAS ORGANIZACIÓNS:

. Día 4 de Marzo, Rolda de Prensa a celebrar en cada unha das Comarcas, presentando o estudio comarcal elaborado pola Rede de Técnicos e Técnicas de Emprego. .
Día 4 de Marzo, Plenario da Secretaría da Muller da FSC. .
Día 4 de marzo, Homenaxe ás mulleres do Ensino de CCOO que loitaron pola implantación dos comedores escolares en Galicia. No salón de actos do Edificio dos Sindicatos de A Coruña, ás 19h. . Día 8 de Marzo. Acto organizado pola Secretaría da Muller da U.C. de Vigo, coa participación da Secretaría da Muller do Sindicato Nacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario