IGUALDADE NO EMPREGO, EQUIDADE NA PENSIÓN
Mentres a crise económica dos últimos anos convertía o mundo laboral nunha carreira de fondo e con obstáculos para as persoas desempregadas, Galicia soportaba as cifras de paro máis elevadas da súa historia.
O ano 2010 estivo marcado por unha media de 226.237 persoas desempregadas na comunidade autónoma, das cales 121.900 son mulleres. Esta situación de desigualdade das galegas no emprego esténdese tamén á temporalidade e ás diferenzas retributivas.
As CCOO de Galicia, seguindo as liñas de acción da nosa Confederación Sindical, aproveitamos esta data de conmemoración e reivindicación dos dereitos laborais das mulleres para facermos fincapé no noso rexeitamento absoluto á reforma laboral aprobada polo Goberno estatal.
Esiximos cambios substanciais nesa reforma, pois, como xa se demostrou ao longo do ano pasado, segue sen producir emprego, aumenta a temporalidade e mais a precariedade laboral.
Unha das nosas principais metas é que as mulleres galegas consigan traballos decentes, en condicións de equidade, o cal lles permitirá configurar unha xubilación tamén decente.
As nosas propostas son: emprego de calidade nun modelo produtivo máis igualitario, de xeito que a segregación ocupacional por sexo se reduza co cumprimento do principio de igualdade no acceso ao emprego e da igualdade salarial por traballo de igual valor; adecuación dos tempos de traballo para a compatibilidade coa vida familiar, fomentando a corresponsabilidade efectiva e afectiva, e negociación dos plans de igualdade.
Nunha data sinalada como o Día Internacional das Mulleres, as CCOO de Galicia facemos un chamamento á sociedade galega contra a violencia machista e denunciamos esta lacra social en prol de conseguir a súa erradicación.
Por todo isto, en 2011 as CCOO de Galicia afrontamos esta data de conmemoración coa intención de transformala nunha celebración das reivindicacións históricas e actuais das traballadoras galegas, e invitamos a todas aquelas persoas que desexen unirse a nós ao acto que terá lugar o día 3 de marzo, ás 11 h da mañá, na praza das Praterías de Santiago de Compostela.

No hay comentarios:
Publicar un comentario