A Unión Comarcal de CCOO de Santiago-Barbanza traslada a súa sede compostelá para unhas novas instalacións. Así, a partir do vindeiro 25 de xaneiro, as traballadoras e traballadores da comarca deberán dirixirse ao edificio de Comisións na Vía Edison 1C, no Polígono do Tambre.
A secretaria xeral de CCOO de Santiago-Barbanza, Concepción Trasande Sorey, destaca que con este cambio, a Unión Comarcal pasará a traballar no corazón do mundo laboral da cidade e poderá ter un contacto aínda máis próximo e directo cos traballadores e as traballadoras.
No mesmo edificio están tamén as instalacións da fundación FOREM-Galicia, responsable da oferta formativa de Comisións Obreiras. Por último, no edificio de Miguel Ferro Caaveiro n.º 8 continuará a sede do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.
El horario de atención será de:
9:30 a 14:00 y de 16:30 a 19:00
Ver mapa más grande
No hay comentarios:
Publicar un comentario