Comisións Obreiras continuará a traballar por unha saída xusta á crise a pesar das presións e das «ameazas covardes»
A sede do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, en Santiago de Compostela, amenceu con pintadas na fachada. Desde a organización sindical afirman que continuarán a traballando por unha saída xusta á crise a pesar das presións e das «ameazas covardes».Non é a primeira vez que unha sede de Comisións é obxecto das «frustracións» de determinados grupos.
Malia que os danos foron sempre de carácter material, o sindicato insta a pórlles freo decontado, pois en anteriores ataques estiveron a piques de resultar calcinadas algunhas sedes locais, como as do Porriño ou Vigo.CC OO lembra que a liberdade sindical é un dos piares da nosa democracia, e que este tipo de accións son totalmente incompatibles con ela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario