Fecoht Informa

Fecoht Informa

11 mayo 2011

A Sección Sindical Carrefour CCOO Alfonso Molina denuncia falta de medidas de seguridade e a o incumprimento da lei de prevención de riscos laborais.

Un traballador de Carrefour manipulando unha carretilla elevadora eléctrica no patio de mercancías do citado centro comercial, sofre un accidente debido ao mal estado no que se atopaba a soleira do patio. Aconteceu que ao pasar coa carretilla elevadora por enriba dunha das fochas que había no patio, o traballador sufriu importantes lesións quedando afectado nas vertebras con secuelas físicas irreversibles. Pola súa parte a mutua no momento do accidente acontecido en marzo de 2009, cualificouno de leve e cunha duración probable de 15 días de baixa, cando o traballador estivo 18 meses de baixa por ese accidente.

A raíz deste accidente laboral que sufriu o traballador como consecuencia das faltas de seguridade que debía ter implantado a empresa, a Sección Sindical de Carrefour CCOO Alfonso Molina interpón unha demanda na Inspección de Traballo, xa que esta sección sindical levaba varios anos denunciando a situación en que se atopaba o patio de mercancías, a inspección levanta acta de infracción tipificada e cualificada preceptivamente como grave no artigo 12.16b do TRLISOS (Texto Refundido da Lei sobre Infraccións e sancións na orde social. Ademais lle impón unha sanción económica á empresa e un recargo nas prestacións de seguridade social dun 30 por cento.

No ano 2010 outra traballadora foi arrollada por un camión mentras camiñaba polo patio de mercancias, producindolle lesións que provocaron una baixa de casi 9 meses.

A semana pasada dous traballadores de recepción de mercancias sufriron intoxicacións con grave perigo para a sua saúde ao inhalar productos tóxicos de tratamento de piscinas ao rebentar os botes por non vir a mercancía paletizada correctamente(feito que é bastante frecuente). Os traballadores tiveron que ser analizados conciencudamente nun hospital da Coruña.

Esta sección sindical entende que Carrefour Alfonso Molina non cumpre a lei de prevención demostrándoo con esta actuación, , deixando aos traballadores/as expostos a continuos riscos para a súa seguridade e saúde. Este sindicato non pasará por alto a falta de medidas de seguridade e continuará denunciando todo incumprimento da lei.

Así mesmo, estamos á espera por parte da administración que resolva a falla de medidas en canto a riscos psicosociais se refire debido á carga de traballo que sofren os empregados/as causada pola redución nun 40% do cadro de persoal dos dous últimos anos.
A Coruña, 8 de abril de 2011

Secretaría de Comunicación da
Unión Comarcal de CCOO da Coruña

Para máis información:
Santos Beaz González,


Sección Sindical CCOO Carrefour,



móbil 660106953

No hay comentarios:

Publicar un comentario